Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 6 de de febrer del 2009 | 15:32
Crònica · Galiza

Debate electoral a tres, o 20 de decembro

Finalmente, todo parece indicar que se celebrará un único debate entre os tres candidatos á presidencia da Xunta das forzas con representación no Parlamento. A cita, o 20 de febreiro na TVG a partir das 21.30 horas e en directo. E é que a Compañía de Radiotelevisión de Galicia propúxolle á Xunta Electoral Central un cara a cara entre os cabezas de cartel do PPdeG, Alberte Núñez Feixóo, do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, e do BNG, Anxo Quintana. O sinal cederáselle a todas as cadeas de televisión que queiran dispoñer das imaxes dos encontros.
A proposta foi votada o pasado mércores no Consello da Administración do ente, onde os tres partidos abordaron o plan de cobertura de cara ás eleccións. Ademais, a CRTVG propuxo tres entrevistas individuais cos tres líderes os días 25, 26 e 27. Estas iniciaranse con Quintana, candidato con menor número de escanos no Hórreo, e rematarán con Feixóo. Á presenza dos tres cabezas de lista sumaránselles debates electorais entre os números un das provincias para o 23 de febreiro e entrevistas con desconexións territoriais provinciais.

O PPdeG segue a teimar na necesidade de que "por responsabilidade" se celebre un cara a cara entre os dous candidatos con "posibilidades reais" de presidir a Xunta, en alusión a Touriño e Feixóo, e considerou un "desprezo" a negativa socialista a esta proposta. "A xente non quere un paripé, quere un debate de verdade", dixo o líder dos populares, quen chamou a socialistas e nacionalistas a "reflexionar" e a aceptar o seu reto.

Para os populares, os debates cara a cara son, ademais dun "dereito do electorado", unha "práctica habitual" de todos os países democráticos e, como exemplo, puxo as últimas eleccións americanas, nas que houbo catro cara a cara, ou as pasadas xerais, con dous debates entre José Luis Rodríguez Zapatero e Mariano Raxoi.

"Acepto se eles aceptan os debates bilaterais", aclarou Feixóo, que pide un debate entre o líder socialista, Emilio Pérez Touriño, e o nacionalista Anxo Quintana; outro entre Feixóo e Quintana; e un terceiro entre Touriño e Feixóo. O presidente do PPdeG apelou a súa condición de forza máis votada en Galiza para reivindicar o seu dereito a propor fórmulas de debate e rexeitou que "a televisión do Goberno impoña o seu modelo".

Pola súa banda, Emilio Pérez Touriño puxo de manifesto que "desde o primeiro día" asegurou que acudiría a "un debate, cos outros dous candidatos", por PPdeG e BNG, e enmarcou a postura do líder popular "na súa estratexia de embarrar" as eleccións. "Feixóo está nesta estratexia, demasiada estratexia", reprochou, e rexeitou "entrar máis" no asunto, porque "xa" dixo "a que debate" acudirá, que será o da CRTVG.

O BNG considera que o PPdeG "querer eludir" que a realidade existente en Galiza, que é "un mapa político a tres", con ese número de forzas políticas. Ademais, o Bloque valora os cambios na proposta inicial da CRTVG e entenden que a compañía "foi receptiva" ás súas propostas. Por iso, celebrou que se modificase o plan inicial de cobertura, que a organización frontista non vía axeitada para tratarse dunhas "eleccións de país".

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat