Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 25 de de setembre del 2009 | 13:21
Crònica · Galiza

Galiza súmase á 'revolta labrega' do leite

Ao longo da semana gandeiros galegos dunhas 300 explotacións das comarcas do noroeste de Galiza esparexeron milleiros litros de leite para reclamar solucións á crise que vive o sector desde hai meses. Así, os produtores -convocados polo Sindicato Labrego Galego (SLG) súmanse á "revolta labrega" que comezou o pasado 10 de outubro noutros países da Unión Europea.
"O prezo é tan baixo que antes de llo regalar ás industrias para que se enriquezan á nosa costa e á dos consumidores e consumidoras, consideramos máis útil empregalo para chamar a atención da cidadanía e esixir solucións por parte dos Gobernos a esta grave crise", apunta o sindicato. E é que na actualidade, os produtores de leite cobran entre 22 e 24 céntimos de euro por litro.



Por vez primeira na historia, estanse a celebrar accións coordinadas en toda Europa co fin de pedir solucións a un problema que xa levou á ruína moitas granxas leiteiras. Os gandeiros observan con impotencia como os prezos aos que venden os seus produtos son os mesmos que hai anos, nalgúns casos até décadas. Os prezos en orixe non aumentan de acordo coa inflación que sofre o consumidor, pero o que si sobe son os custos que recaen sobre os produtores, como o da enerxía, que seguiu unha tendencia á alta nos últimos anos. Tendo en conta a inflación, o descenso dos beneficios dos produtores de leite é dun 27 por cento durante os últimos 20 anos.

A secretaria xeral do SLG, Carme Freire, explica que as dúas principais reivindicacións seguen a ser, por unha banda, acadar un prezo que cubra os custes de produción e, pola outra banda, reformar a política leiteira da UE para que "siga a haber un control da produción a partir do 2015 e unha adecuación da oferta á demanda". O SLG ve necesario "dar marcha atrás" na última reforma que promovía o aumento da produción "para entregarlle o leite máis barato ás multinacionais da distribución e ás industrias". A sindicalista subliña que para os gandeiros deixar de entregar o leite é "unha decisión de moito calado, xa que nestes momentos precisan toda a materia prima da que dispoñen para subsistir". Por esta razón, Freire considera que as distintas administracións terían que reaccionar". "Teñen que poñerse á fronte e deixar de pedir paciencia", afirma.

As protestas expóñense como unha medida de presión ante a próxima reunión extraordinaria que manterán os Ministros de Agricultura da UE o próximo 5 de outubro para estabelecer un calendario de actuacións ante a crise do mercado lácteo. "Terán que tomar medidas para sacar desta situación as explotacións leiteiras que están neste difícil momento por non querer pórlle coto ás multinacionais de distribución e ás industrias", engade Freire.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat