Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 16 de d'abril del 2010 | 14:01
Crònica · Galiza

Queremos Galego denuncia en Bruxelas a política 'lingüicida' do PP

Queremos Galego vén de levar a diferentes instancias da UE, á Unesco, ao Consello e ao Parlamento europeo as políticas de desmantelamento da lingua galega por parte do actual Executivo do PP.

Hai 56 anos, en pleno franquismo, xa se denunciara a situación de exclusión do noso idioma perante a VIII Conferencia Internacional da Unesco.

En plena democracia e cun marco mínimo de normalización da lingua, o galego segue a ser perseguido no seu propio país. De aí que a plataforma cidadá evidenciase na viaxe como as medidas iniciadas pola Xunta "agreden frontalmente" a lingua, vulnerando mesmo tratados internacionais de obrigado cumprimento para o Estado español como a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias (CELRM) ou compromisos como a Declaración universal dos dereitos lingüísticos, asumida como propia pola Unesco.??

A delegación de Queremos Galego desprazada a Bruxelas estivo integrada por Carlos Callón (presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino) e Bieito Lobeira (portavoz de Lingua do BNG) e foi acompañada en Bruxelas pola representante do BNG na eurocámara Ana Miranda e polos deputados do Grupo Parlamentario Verde-Alianza Libre Europea (ALE) Oriol Junqueras (ERC) e François Alfonsi, de Córsega, que manifestaron o seu apoio á plataforma cidadá e ás súas reivindicacións.


Uso espúreo do plurilingüismo

En rolda de prensa, os representantes de Queremos Galego subliñaron que o concepto de "plurilingüismo" promovido desde as diferentes institucións comunitarias como un dos principios da UE "nada ten a ver co uso espúreo" que do mesmo fai o goberno da Xunta de Galiza. Así, sinalaron que o Goberno galego usa o concepto "mesmo para denominar cinicamente normas regresivas como o decretazo contra o galego no ensino, que camiñan na dirección oposta aos obxectivos fixados polo Comité de expertos do Consello de Europa" encargado da avaliación do grao de cumprimento da Carta europea das linguas nos territorios do Estado español que posúen linguas propias.

Os responsábeis da plataforma cidadá contraria ás políticas lingüísticas regresivas do goberno de Núñez Feixóo salientaron o interese das diferentes instancias por teren información "periódica e precisa" sobre a evolución da política lingüística no país, tanto no referido ao ensino como a outros sectores, na liña do proposto na Iniciativa Popular pola garantía dos dereitos lingüísticos que promove Queremos Galego e como tamén recolle o último informe do Comité de expertos do Consello de Europa referido á Carta europea das linguas.?


Macroconcerto contra o decreto

Pola outra banda, Queremos Galego celebra mañá en Pontevedra un macroconcerto contra o decreto do PP que reduce a lingua no ensino. Nel participan os grupos máis punteiros do panorama musical galego. "A sociedade díxolle non ás políticas contra o idioma deste Goberno de moitas maneiras, agora dirémosllo cantando", sinalou Callón. Para a plataforma cidadá "trátase dun evento para gozar e tamén para reivindicar que a nosa cultura non está nin ensimesmada nin acomplexada". Polas súas dimensións organizativas e a calidade artística dos grupos e artistas participante, Queremos Galego prognostica que o macroconcerto está chamado a ser un dos maiores fitos culturais da historia recente do país.

A plataforma pon en valor o "compromiso e excepcional acollida" con que grupos e artistas acolleron a iniciativa". Colaboran desinteresadamente para esta causa un ronsel diverso de nomes e voces: Fuxan os Ventos, A Quenlla, Berrogüetto, Luar na Lubre, Zurrumalla, Os Carunchos, Espido, Fía na Roca, Uxía, García MC (integrante de Dios que te crew), Os Tres Trebóns, Ruxe Ruxe, Galegoz e Lamatumbá. Tamén colabora para a iniciativa a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, que se encargará da animación do numeroso público que a plataforma agarda congregar.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat