Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 6 de de novembre del 2009 | 14:29
Crònica · Galiza

A Xunta contrata empresas de fóra para organizar o Xacobeo

Malia que o PPdeG prometera que as empresas do país serían as que levasen "maioritariamente" a produción e xestión dos espectáculos do Xacobeo para "recuperar" a economía de Galiza a través deste evento, a Consellaría de Cultura outorgoulle a unha axencia de Madrid a publicidade da cita cultural.


A empresa Ruiz Nicoli -que ten traballado para a comunidade presidida por Esperanza Aguirre- recibirá máis de 543.000 euros polo seu traballo.

A clave da concesión foi a "orixinalidade" da proposta, concepto que puntuou a metade do concurso. No sector da publicidade galega sorprendeu que a Consellaría de Cultura non confiase nunha axencia de Galiza para este importante contrato. O BNG xa expresou o seu desacordo coa concesión. Así, a portavoz de Turismo no Parlamento, a nacionalista Carme Adán, considerou "cuestionábeis" os criterios que utilizou a Xunta para adxudicarlle á empresa de publicidade madrileña os anuncios do Xacobeo 2010. Adán cualificou de "sorprendente" tanto a valoración dos criterios empregados como que a Consellaría de Cultura e Turismo non confiase nas axencias de publicidade galegas "para este importante contrato".

E é que das 24 candidaturas que se presentaron, 16 eran do país. A parlamentar nacionalista preguntouse se "este é o impacto positivo que vai ter o Xacobeo na economía galega". No que atinxe aos contidos, o PP rexeitou unha Proposición non de Lei do BNG na que se lle pedía á Xunta de Galiza que no marco da celebración das actividades do Xacobeo 2010, a cultura galega tivese un lugar preferente na programación cultural, de xeito que fose destinataria, como mínimo, do 50 por cento dos fondos que se destinasen a esta finalidade. Para a portavoz de Cultura do BNG, Ana Pontón, o que reclamaban os nacionalistas era "algo lóxico e de sentido común, e que tamén o fixo Catalunya durante as Olimpíadas de Barcelona e Sevilla durante a Expo: aproveitar o evento para apoiar e dar a coñecer a nivel internacional os e as artistas e industrias culturais locais".  

Marxinación dos galegos e galegas Pontón explicou que a iniciativa do BNG viña motivada porque "na programación do Xacobeo 2010 que fixo o Goberno do Partido Popular é unha programación que prima e privilexia os artistas de fóra e minusvalora e marxina os e as artistas galegos e as nosas industrias culturais". A deputada nacionalista advertiulle ao PP que "non xogue á demagoxia, porque o BNG claro que está a favor de que veñan artistas de fóra, pero que os nosos estean ao mesmo nivel, xa que é a única forma de prestixiar o propio e proxectalo no mundo como un país cunha cultura e lingua propias".

Ademais, Ana Pontón incidiu na necesidade de que o Xacobeo 2010 aposte pola cultura galega "porque a industria cultural tamén é riqueza, son miles de empregos, e é imprescindíbel apoiala neste momento de crise, e o Xacobeo é unha oportunidade única que non se pode desperdiciar". A negativa do PP a apoiar a iniciativa do BNG demostrou para a deputada nacionalista que "o Partido Popular ve a cultura galega como unha anomalía, non entenden que é unha cultura contemporánea e están acomplexados con ela".

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat