Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 5 de de febrer del 2010 | 13:54
Crònica · Galiza

Renfe apea o galego dos trens

Os convois rexionais que atravesaban o país de norte a sur deron paso nos últimos meses a modernas máquinas de última xeración, os trens Media Distancia (MD), que dispoñen de 182 asentos, prazas para persoas de mobilidade reducida e que acadan até 160 quilómetros por hora. A innovación introduciuse nos vagóns á vez que se reduciu a presenza do galego. Malia que o español, o galego e o inglés son os idiomas nos que Renfe emite os sinais acústicos, o español é a única lingua na que fican escritos os cartaces informativos en cada un dos vagóns.

O uso parcial do galego tamén se fai patente nas estacións, onde cada vez é máis habitual a súa exclusión, e na páxina web, onde se atopa relegado a un segundo plano da interface. Amais, o español segue a impoñerse no servizo telefónico de atención ao cliente. Nalgunhas ocasións, os teleoperadores chegan a solicitarlles aos galegofalantes que empreguen o castelán "ao non comprendelos ben". E iso que a Carta Europea das Linguas Minoritarias recolle a obriga de empregar o galego no sector público. O propio Consello de Europa advertiu nun informe publicado no 2008 que "non se realizaron actividades para promover" o seu uso "no servizo de ferrocarrís (Renfe e Adif)". "Nestas compañías, o galego utilízase nalgunhas ocasións en documentos oficiais. Con todo, existe unha escasa dotación de persoal galegofalante que poida prestar servizos nesta lingua", conclúe.


"Somos moi exquisitos", di Renfe

Renfe nega a redución da presenza do galego e sinala que a lexislación obriga a que "todo tipo de información a bordo dos trens estea en galego e español". "No tema lingüístico somos moi exquisitos", aseguran fontes da compañía. "Pode haber coches nos que os carteis sexan só en español, pero no seguinte coche é seguro que estarán redactados en galego, xa que é de obrigado cumprimento". Porén, todos os vagóns dos trens que vén de incorporar Renfe á rede ferroviaria da Galiza dispoñen só da cartelaría informativa en español, agás no caso dos horarios.

O incumprimento da normativa lingüística en Renfe ten chegado en varias ocasións ao Congreso dos Deputados e ao Parlamento galego da man do BNG, que logrou o compromiso de José Luís Zapatero coa normalización da lingua en Renfe. "Defendemos en Madrid que se cumpran os dereitos dos galegos de ter a información no noso idioma", apunta a deputada Olaia Fernández Davila. O BNG ve na nova redución do galego en Renfe "a evidencia de que cómpre estar enriba desta cuestión, xa que frecuentemente deturpan os topónimos e esquecen a presenza do noso idioma en xestións como a compra de billetes na rede".

Todos os adiantos en materia lingüística ao redor do servizo de ferrocarrís son froito da presión social, das queixas dos cidadáns a nivel individual e da Mesa pola Normalización Lingüística, que ten emprendido campañas para reclamar o incremento do galego na atención ao cliente, nas estacións e nos trens. "Os galegofalantes temos máis dereitos lingüísticos na Fnac que en Renfe", ironiza o presidente da asociación, Carlos Callón, que denuncia que Renfe cumpre a lei en función do territorio. "Emprega diferentes varas de medir en Catalunya que en Galiza, onde non cumpre cos compromisos adquiridos".

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat