Aznar está moito máis preocupado de limpiar o PP galego que do chapapote do Prestige. Nos primeiros días da crise deixou a autonomía sen competencias, coa colaboración total de Fraga Iribarne que preferiu marchar de caza que enfrontarse a Aznar e Rajoy. O presidente galego non lle fixo caso a un sector do seu partido que lle demandaba esquecerse de Madrid e porse á fronte da crises. Pero Aznar non Aznar está moito máis preocupado de limpiar o PP galego que do chapapote do Prestige. Nos primeiros días da crise deixou a autonomía sen competencias, coa colaboración total de Fraga Iribarne que preferiu marchar de caza que enfrontarse a Aznar e Rajoy. O presidente galego non lle fixo caso a un sector do seu partido que lle demandaba esquecerse de Madrid e porse á fronte da crises. Pero Aznar non perdoa e Cuíña Crespo, que aparecía como vicepresidente na remodelación do goberno que Fraga vai realizar en xaneiro, caeu en desgracia. En Madrid tentan aproveitar a crise para impedir que suceda a Fraga. E iso que non apareceo publicamente desde hai un mes...