Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dimecres, 19 de d'octubre del 2005 | 00:00
Notícia · Política

Arzalluz parla de Catalunya a A Nosa Terra


Reproduïm en exclusiva un fragment d?una entrevista amb Xabier Arzalluz que publicarà íntegrament demà la revista A NOSA TERRA. Pel seu interès, reproduïm els punts que afecten a la qüestió catalana. En 1998 entrevistabámolo co gallo do Galeusca. Sete anos despois coida que serviu para algo? Serviu para resucitalo. Somos tres nacións que nos r Reproduïm en exclusiva un fragment d?una entrevista amb Xabier Arzalluz que publicarà íntegrament demà la revista A NOSA TERRA. Pel seu interès, reproduïm els punts que afecten a la qüestió catalana. En 1998 entrevistabámolo co gallo do Galeusca. Sete anos despois coida que serviu para algo? Serviu para resucitalo. Somos tres nacións que nos recoñecemos mutuamente, que loitamos polos mesmos obxectivos fronte a un Estado que non nos recoñece. polo tanto lóxico que estabelezamos unhas liñas de actuación conxunta. Unha actuación que non quede na propaganda, senón que sexa efectiva politicamente e que teña un estatus público. Pero, chegamos a un punto e Galeusca quedou de novo empantanada como xa ocorrera historicamente en dúas ocasións. A culpa foi de CiU, eu non os critico, pero é un dato real: cando lles interesou, tiraron polo proxecto, e paralizárono cando a eles lles deixou de interesar. Esta política levou a abandonar o partido a Pere Esteve. Aos que cremos sempre na coordinación entre as tres nacións estásenos acabando a fe, polo xeito de actuar de CiU. Teoricamente, o Galeusca non rematou aínda, pero, na práctica, está paralizado. Como olla o proceso catalán? O outro día dicíalle Ibarretxe a un grupo de mozos: tede en conta que o problema dos cataláns é o financiamento e o noso é a autodeterminación. Nós temos case resolto o problema do financiamento, vivimos ben. Pero non o da xustiza. Para nós o gran problema son os tribunais. Moito máis que o exército. Volvemos ao dos cataláns. Chámanlles peseteiros. Non é iso. Mentres non teñas resolto o dos recursos propios non es nada. Os dereitos nacionais non se poden aplicar sen financiamento propio. Así que os cataláns, posto nun lado o concerto económico e do outro o de nación, collerán o primeiro por razóns obvias. Tampouco ten sentido a defensa que se fai dunha caixa única da Seguridade Social. Pero os que loitan por ela non son os socialistas, senón os sindicatos. Porque, doutro xeito, os sindicatos estatais perderían a maior parte do seu poder, porque os seus sindicatos tanto na Galiza, como en Catalunya e Euskadi, serían moito máis independentes e autónomos dos sindicatos centrais. E iso é o único que lles preocupa. A min, que se chame ou non nación Catalunya penso que importa menos. Cando eu estaba na Comisión Constitucional, non nos deixaron participar no relatorio, filtraron que iamos poñer a palabra ³nacionalidade². Pois Fraga dixo: ³non poñan isto aquí, por que non o van tolerar os militares². E que pasou? Meteron "nacionalidade" pero, inmediatamente, veñen os andaluces, os valencianos, os aragoneses... e tamén se declaran nacionalidade. Para que serviu o termo nacionalidade? Pois para que o Estado fixese unha poxa entre uns e outros.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat