Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dilluns, 3 de d'octubre del 2005 | 00:00
Crònica · Política

As mentiras sobre a venta de Fenosa por parte de Botín


A palabra de Emilio Botín non vale nin dous millóns. Ese é o diñeiro que se embolsará logo de rachar o acordo que tiña cun grupo empresarial galego (San José, Caixa Nova, amancio Ortega) para venderlles o 22% de Fenosa, finalmente mercado pola madrileña ACS. O 23 de setembro, ás cinco da tarde, era a data acordada para asinar en Madrid a operación da venta dese paquete de accións de Unión-Fenosa A palabra de Emilio Botín non vale nin dous millóns. Ese é o diñeiro que se embolsará logo de rachar o acordo que tiña cun grupo empresarial galego (San José, Caixa Nova, amancio Ortega) para venderlles o 22% de Fenosa, finalmente mercado pola madrileña ACS. O 23 de setembro, ás cinco da tarde, era a data acordada para asinar en Madrid a operación da venta dese paquete de accións de Unión-Fenosa por parte do banco SCH. O prezo pactado era de 30 euros por acción, valor que establecera o banco e ao que non chegaran os outros pretendentes: GALP, Jaime Bergel, Acciona ou os italianos. Pero na tarde do xoves, 22 de setembro, Matías Rodríguez Inciarte, chama a Xacinto Rei, para dicirlle que se quere asinar a operación ao día seguinte, o prezo é de 32 euros. Ademais, nesas horas, deberían presentar os avais polos 200 millóns que aumentaba a operación. O grupo galego négase a seguir falando cos representantes do BSCH por dúas razóns.A primeira pola ruptura unilateral do acordo, ao que só lle faltaba a sinatura. A segunda, porque non tiñan a certeza de que pechado un novo trato, Emilio Botín non volvese a subir o prezo. Finalmente ACS pagaría 33 euros por acción e faríase co paquete empresarial que lle da o control da eléctrica. Botín, para xustificarse e lavar a súa imaxe, por en marcha unha fabrica de mentiras, recollidas fielmente pola prensa madrileña e, como non, por case toda a do Estado, incluída a galega. Ao lado dos falsos rumores, móntanse unha película para que sexa dixerida polo grande público. Tratemos de contar os feitos en palabras de quen estivo preto dos negociadores galegos: Os avais estaban entregados e aceptados polo BSCH polo prezo acordado, 2.000 millóns de euros. A operación galega contaba non só co total apoio da Xunta, senón que, desde a vicepresidencia, se impulsou desde un primeiro momento a operación. Tampouco existiron enfrontamentos deste grupo empresarial galego con outros, como se afirmou (Rosalía Mera e Caixa Galicia). Os negociadores tiñan resolto tamén que ao ter Caixa Nova o 4% das accións pasaban do 25% de control, polo que terían que lanzar unha OPA. No conto que nos contaron desde Madrid aparece un Amancio Ortega cualificado en máis dun medio como ³empresario provinciano², malia a ser o fundador dun dos maiores emporios textís do mundo, Inditex. E Florentino Pérez, presidente do Madrid como o grande empresario. Nin Amancio Ortega, nin Florentino Pérez participaron directamente na operación. Polo grupo galego levouna Xacinto Rei, presidente da construtora San José. Polo BSCH, Rodríguez Inciarte. Por ACS, Carlos March, co apoio dos Albertos. Florentino só apareceu para saír na foto. Na película aparece tamén Xosé María Castellano, brazo dereito até de agora de Amancio Ortega. Castellano sae realizando entrevistas logo de dimitir como presidente de Inditex. Afirma que a operación fracasou porque o grupo galego se equivocou de estratexia e que el, chamado a última hora, xa non puido facer nada por reconducir a operación. Estamos en condicións de afirmar que Castellano non foi consultado para nada sobre a operación. Tiña as relacións persoais rachadas con Ortega desde había máis de dous meses. Xacinto Rei estaba disposto a ofrecerlle a presidencia de Fenosa, pero Amancio Ortega negouse. Castellano aproveitou a ocasión para desligarse completamente de Inditex e arremeter contra o seu patrón. A operación, moi criticada nos medios bursátiles internacionais e, mesmo, estatais por que ninguén valoraba as accións de Unión Fenosa máis ala de 28 euros cada acción, foi unha teima dos March. Fontes do grupo empresarial galego afirman que na aposta madrileña podería existir unha motivación financeira (declaran que a deles era preferentemente en clave galega), pero tamén ollan que tivo moito que ver a puxa polo equilibrio enerxético. Tres grandes compañías controladas polas tres nacionalidades históricas: Gas Natural (Catalunya) Iberdrola (Esukadi) Unión-Fenosa (Galiza). O centro do Estado e as familias ³cromosómicamente millonarias² perderían o control dun sector estratéxico. Aquí entra en xogo o PP, que se pon en contacto con Emilio Botín. Botín non só racha a palabra, senón que lle financia a operación a ACS a través do Banesto. Pero, ademais, trataran de utilizar esta operación para frear a Opa de gas Natural sobre Endesa. Logo de pagar polas accións de UF 33 euros, venderán os accionistas de Endesa a 22? Isto é falar do futuro, pero o pasado non é como no lo contaron.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat