Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 28 de de juny del 2007 | 16:17
Crònica · Galiza

Galiza e a reforma do voto emigrante


Aínda que resulte paradoxal, Galiza ten máis votantes que habitantes. Por mor do voto emigrante, o número de electores supera en 150.000 ao de residentes, mentres que o país segue a perder deputados nas Cortes. O BNG acusa o PP e o PSOE de pactar para reservarse unha bolsa de 400.000 votos da diáspora. Dende hai vinte anos, o voto emigrante vén protagonizando a crónica de sucesos nas páxinas dos xornais. Latinoamérica é a zona onde se concentra a maior bolsa de emigrados, polo que se dá un maior número de irregularidades. Tamén en Europa, nun país co mellor sistema postal do mundo, como é Suíza, se teñen dado casos como o dunha persoa, interesada en desvear a vulnerabilidade do voto, que tivo a posibilidade de votar por vinte e catro electores diferentes.

No 1989, cando o número de votantes aínda era baixo, Manuel Fraga obtivo a súa primeira maioría absoluta. Unha maioría que tanto a estatística como a lóxica lle negaban. Ese mesmo ano, o voto CERA de Ourense tivo un estraño comportamento. O PSOE (que gobernaba en Santiago e Madrid) gañara sobradamente en todas as circunscripcións da emigración, pero en Ourense o PP destacárase en cabeza o xusto para que Fraga se fixese co poder. A inhibición do Goberno de Madrid perante o sospeitoso resultado, impediu que Laxe seguise presidindo a Xunta.

As irregularidades de todo tipo para avultar a calquera prezo o CEDA apareceron con Fraga xa na Xunta. Emisións de votos pola mesma persoa, xente que votaba en tres países diferentes, o turismo político ou votos en sedes partidarias axudaron a crear a desconfianza ao redor do voto emigrante.

Malia que todos os procesos electorais dos últimos anos poñen en evidencia as graves irregularidades, a revisión do voto da diáspora non se producirá antes dos próximos comicios xerais. Mentres os debates continúan abertos, o Censo de Residentes Ausentes do Estado español non deixa de medrar. Pasouse dos 257.000 votantes potenciais no 1986 ao 1.100.000 votantes na actualidade, cifra que se incrementará cando se nacionalicen os netos dos emigrantes.

 Sen cambios

 Que todo siga como até o de agora é o desexo do PP e do PSOE de cara á reforma o voto emigrante. De aí que os representantes do BNG abandonasen a comisión do parlamento galego que estudaba propor a modificación da Lei Electoral. A comisión, creada durante o período preelectoral, preparaba un amplo programa de traballo sen resultados finais. A acusación de Carlos Aymerich e de Iago Tabarés, ambos os dous deputados nacionalistas, sinalaba o PP e o PSOE como artífices dun acordo para manter durmidos os debates co fin de non abordar ningún cambio antes das xerais.

 Pola súa banda, PP e PSOE argumentaron que como a comisión galega se constituíu para propor cambios na Lei Orgánica de Réxime Electoral, sería imposíbel cubrir os prazos antes do vindeiro mes de marzo. Ano tras ano, populares e socialistas veñen a ofrecendo a mesma disculpa. Para modificar a lei só sería preciso unha maioría absoluta nas Cortes. As mudanzas seguen a omitirse malia que todos os grupos políticos saben da existencia de irregularidades no voto emigrante.

 

 O cadro de resultados explica o motivo polo cal as forzas estatais prefiren non tocar nada. Máis do 80% dos votos están dirixidos ao PP e ao PSOE, e só alternan segundo quen ostenta o goberno en Madrid.

Propostas na comisión

 O BNG foi o partido que propuxo a comisión. Os nacionalistas tentaron entrar nos temas de fondo, dende os referidos á titularidade do voto, ao dereito a voto, ao sufraxio rogado até aos de limpeza de censo ou voto en urna. Aymerich atribúelles ao PP e PSOE pactos de antemán para evitar que a reforma do voto teña lugar antes das eleccións xerais. “PP e PSOE aprobaron un plano de traballo cheo de comparecencias rimbombantes (expertos da administración electoral, do censo ou planificacións de viaxes a moitos países con emigración galega para estudar in situ) algo que para nós representa un gasto inexplicábel”, apuntou Aymerich. Segundo os nacionalistas, PP e PSOE, que practicamente monopolizan todo o voto emitido, só aspiraban a depurar o censo e a avanzar no voto en urna.

Os nacionalistas coidan que xa é hora de explicar cales son os límites deses dereitos de elección, establecer se deben considerarse para toda caste de eleccións ou deixalo só para as xerais, estudar se debe haber un colexio específico para a emigración e facilitar o voto en urna ademais de suprimir o voto por correo na actual fasquía e substituílo polo procedemento rogado. Aymerich apunta que de seguir coa actual dinámica, a demanda social vai ser que os emigrantes non voten en ningún caso.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat