Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 26 de de setembre del 2008 | 14:57
Crònica · Galiza

Touriño rexeita "o traspaso das ruínas" para un tren galego

Galiza segue a ser a única autonomía do litoral que carece do servizo de proximidades. De aí que esta semana, o portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, lle pedira á ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, o traspaso da xestión ferroviaria. Unha vez entre en funcionamento todo o Eixo Atlántico, á ministra de Fomento non lle importaría "falar e negociar coa Xunta" para transferir os tramos de ferrocarril en desuso co fin de estabelecer un servizo de proximidade. Non obstante, deixou aberta a cuestión técnica de interconectar os vellos tramos co novo trazado do Eixo. Falou de "operación complexa" porque "trátase de tramos independentes". Álvarez ofreceulle diálogo ao BNG, afirmando que "non temos inconveniente en chegar a un acordo para transferir os tramos en desuso" máis insistiu no problema de que hai tramos totalmente novos que non van sobre o trazado vello, e que son independentes do antigo. Jorquera respondeulle á ministra que "para facer operativos os tramos en desuso é imprescindíbel interconectar a rede vella coa nova do Eixo porque non é viábel un modelo de rede independente que faría imposíbel as cercanías. Teñen que estar entroncados cos novos". E sinalou que se podería resolver "por exemplo pagándolle a ADIF a peaxe pertinente". Para o deputado do BNG non conectar a rede vella coa nova "sería un despilfarro dos recursos públicos".O nacionalista lembroulle a Ministra que o mesmo Zapatero enunciara a descentralización das cercanías como unha das cuestións a tratar nesta lexislatura. Resaltou que un dos retos do Goberno galego para a vindeira lexislatura é crear un ente ferroviario propio que asuma este tipo de servizos. Unha aspiración, afirmou, que ten soporte xurídico no "noso Estatuto de Autonomía". Jorquera subliñou que o BNG non "lle pide ao Ministerio que constitúa o servizo de cercanías na Galiza, tan só lle pedimos que facilite a súa creación por parte do Goberno galego".Pola súa banda, Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta, non está disposto a recibir as competencias estatais para crear o servizo de proximidade a calquera prezo. O socialista rexeitou "o traspaso das ruínas a Galiza".O vindeiro martes, Jorquera levará ao Pleno da Cámara Baixa unha moción consecuencia da interpelación na que instou o Goberno a iniciar o proceso de diálogo para a transferencia do servizo ferroviario. Nun segundo punto, o deputado do BNG emprazará o Executivo español a negociar coa Xunta un calendario de traballo para abordar o traspaso de competencias sobre autorización de xestores ferroviarios en Galiza, así como a competencia exclusiva na implantación de novas vías, non declaradas de interese xeral, que discorran integramente polo noso país.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat