Indica publicitat
Divendres, 10 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 25 de de juliol del 2008 | 17:21
Crònica · Galiza

O BNG celebra o 'Día da Patria': Quintana a 'maioría social' e o Estatuto de Nación


A do 2008 foi a manifestación máis concorrida das que o BNG celebra co gallo do Día da Patria. A chuvia non foi quen de deixar na casa os perto de 25.000 manifestantes que percorreron as rúas compostelás para reclamar o autogoberno e un Estatuto de Nación. Cando milleiros de galegos comezaban a abarrotar a Praza da Quintana, parte dos manifestantes aínda acaban de saír da Alameda.

Baixo o lema 'Cremos no noso país', a marcha partiu da Alameda compostelá ao redor das 12.15 horas encabezada por Quintana, a Executiva do BNG e os conselleiros nacionalistas da Xunta. Logo de percorrer as rúas de Compostela, os manifestantes reuníronse, como cada ano, na Praza da Quintana para oír os discursos de Iria Aboi e de Anxo Quintana. Desta vez, dadas as previsións, os nacionalistas instalaron unha gran pantalla en Praterías para todos os que non foron quen de acceder ao interior da Quintana.  

A primeira en intervir no acto foi a secretaria xeral de Galiza Nova. Despois de advertirlles aos alí presentes que o BNG reunira 25.000 persoas, Iria Aboi lembrou que a organización que lidera cumpre "20 anos e un día", xa que foi creada o 24 de xullo do 1988 e aventurou que "temos o compromiso de seguir traballando sen descanso". Ademais de ser a encargada de citar todos os grupos políticos que apoiaron ao BNG, entre os que se atopan os asinantes de Galeuscat , CiU e PNV, membros do Bloco da Esquerda, o Partido Comunista Português, a Unión Democrática Bretona, o partido Mapuche ou a Fronte Polisaria, entre outros, Aboi centrou o seu discurso no conflito lingüístico e reprochou que "aínda vemos vulnerados os nosos dereitos como galegofalantes".

Nada máis rematar o seu discurso a líder de Galiza Nova, Quintana fíxose co estrado entre os berros da multitude, que coreaba 'Presidente, presidente'. O portavoz nacional do BNG comezou o seu discurso aludindo á "primeira gran crise económica da globalización", que "evidencia o esgotamento do modelo enerxético baseado no petróleo". O nacionalista sinalou perante os manifestantes que acubillaba a Quintana que o BNG pon o "autogoberno ao servizo da economía real e das persoas".

Na súa intervención, o vicepresidente da Xunta apuntou que máis que nunca coma hoxe "o nacionalismo galego foi tan decisivo e tivo tantos medios políticos para facer país". "Somos máis nación porque temos máis capacidade para tomar decisións", engadiu.

Ademais de facer referencia á venda do 45 por cento de ACS en Fenosa, salientou que o BNG non permitirá que os fondos públicos se utilicen para "cadrar a conta de resultados dalgunha empresa mal xestionada", aludindo aos problemas de Martinsa-Fadesa. "Mentres o BNG teña responsabilidade na materia, os fondos públicos só se utilizarán para asegurar o acceso á vivenda ás persoas con menos recursos".

Despois de sinalar que en Galiza "hai un problema lingüístico", referíndose ao descenso no uso e a falta de normalización, Quintana salientou os logros do seu equipo de Goberno, o cambio do Decreto Eólico, a Lei Galega de Comercio, o sistema de Benestar e Igualdade, o Banco de Terras, as Unidades de Xestións Forestal, o Plan Sectorial de Vivenda Protexida, a creación de Solo Empresarial, a posta en marcha da Axencia de Industrias Culturais ou o Servizo Público de Transporte Adaptado.

Segundo apuntou o líder nacionalista, o gran reto do BNG é "construír unha nova maioría social galeguista como apoio a un novo Goberno". Tampouco se esqueceu da creación "dun novo Estatuto de Nación que Galiza precisa facer realidade no 2009.

O vicepresidente da Xunta sinalou que o BNG é "a forza do Goberno imprescindíbel". "Nós non nacemos para ser complemento de ninguén nin ser bisagra en ningún modelo multipartidario. Nacemos para liderar o país", engadiu Quintana entre os aplausos da multitude.

Cun "ánimo e adiante" e co mítico "Galiza Ceibe", Quintana despedíase dos nacionalistas antes de que soasen as primeiras notas do Himno Galego.

PSdeG e PPdeG

Pola súa banda, o PSdeG celebrou o 25 de xullo coa tradicional ofrenda floral ante o monumento de Castelao en Rianxo. O secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, tras acudir á Ofrenda ao Apóstolo na Catedral compostelana, desaprazouse a Rianxo para participar na ofrenda ao intelectual.

O líder do PPdeG, Alberte Núñez Feixóo, tras participar na Ofrenda ao Apóstolo, desprazouse a Poio para participar nunha romaxe popular coa que o PPdeG festexa o 25 de xullo. Alí, ademais, estaba instalada a carpa da campaña 'Galicia en voz alta', que percorre o país para coñecer "de primeira man" as necesidades peticións dos galegos.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat