Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 24 de d'abril del 2009 | 13:38
Crònica · Galiza

As 'tractoradas' volverán a Galiza

Os tres sindicatos agrarios, Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e Sindicato Labrego Galego, e a Asociación Galega de Cooperativas (Agaca) fixaron un calendario de mobilizacións que irán incrementando a súa intensidade en función da resposta das administracións á crise do sector leiteiro.


A primeira das protestas será unha "gran tractorada" o 28 de maio. O anuncio ten lugar unha semana despois da protesta gandeira celebrada en Madrid e ante a falta de adopción de "medidas de choque".

Tras admitir o seu desexo de desconvocar as protestas do 8 de maio no caso de que o ministerio articule "medidas de choque" nos próximos días, os representantes das catro organizacións coincidiron na súa vontade de "manter viva a unidade de acción de todo o medio rural" e, sobre todo, de facer ver o volume de postos de traballo, actividades e negocios que dependen en Galiza e outras comunidades autónomas da produción leiteira.

Hai unha semana, máis de 15.000 persoas, entre eles 6.000 gandeiros galegos, manifestáronse polas rúas de Madrid para reclamarlle ao Goberno estatal que atalle a "asfixiante e dramática" crise que atravesa o sector do leite. Durante a protesta, convocada por Asaja-Xóvenes Agricultores, COAG, UPA-Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego (SLG) e Cooperativas Agroalimentarias-Agaca, os afectados denunciaron a crise de prezos que sofren as explotacións, onde as cotizacións en orixe caeron até un 40 por cento nos últimos meses. 

Concretamente, os custos de producir un litro de leite sitúanse actualmente no Estado entre os 35 e os 40 céntimos de euro por litro, mentres que os prezos que perciben os gandeiros e as cooperativas oscilan entre os 20 e os 30 céntimos por litro.

As medidas que reclaman os gandeiros galegos non difiren das que veñen solicitando desde hai meses. Os afectados piden que se garanta o prezo do leite. Nesta liña, a Asociación Galega de Cooperativas insiste en que os produtores venden o seu leite entre 16 e 18 céntimos para a súa transformación en po, ante a falta de oferta, cando o prezo que se está a pagar é de 26 céntimos. Ademais, solicitan que se dea marcha atrás na reforma da PAC para que non se liberalice o mercado no 2015 e que se redistribúa a cota de produción en Europa con criterios acordes coa realidade do sector. A estas demandas, Xóvenes Agricultores engade o refinanciamento da débeda, para poder aprazar o pago dos empréstitos.

Pola outra banda, todos os grupos do Congreso dos Deputados, agás o PP, acordaron esixirlle ao Goberno estatal que aplique co máximo rigor medidas legais para combater "as malas prácticas comerciais" no sector leiteiro. A iniciativa parte dunha moción presentada pola deputada do BNG Olaia Fernández Davila na que insta a mellorar a regulación do prezo do leite para que non sexa inferior aos custes de produción e o control das importacións. O texto aprobado inclúe a redacción dun informe sobre as causas da baixada dos prezos no sector, o impulso da organización interprofesional láctea e subliña a negativa dalgunhas empresas a seguir recollendo a produción láctea.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat