Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 22 de de desembre del 2006 | 17:41
Crònica · Galiza

Aflamencar o Himno Galego


Non pasaría nada se tratase dun concerto. Ou unha peza musical por moi tradicional que fose. Pero todo tivo lugar nun acto oficial, o da conmemoración do 25 aniversario da aprobación do Estatuto Galego. E a peza a interpretar era o Himno Galego. Un escándalo! A presidenta do Parlamento, a socialista Dores Villarino, ocorréuselle a gozosa idea da “fusión” musical e contratou ao guitarrista flamenco Niño Josele para interpretar o Himno a ritmo non se sabe ben de que, din que de fusión. Douscentos euros de perruquería, 11.600 euros de coordinación, 3.000 euros para avións e hoteis, 600 euros para transportes privados do artista e 11.600 euros pola actuación de dous minutos. Pouco importa. O importante é que o Himno Galego, aprobado polo Parlamento ten unha letra e unha partitura. O PP o que facía era interpretar unicamente primeira parte, omitindo o de “feridos e duros, imbéciles escuros non nos entenden non”. Ademais de “os tempos son chegados...”. 
Os socialistas fixeron o mesmo na inauguración desta lexislatura entre as protestas dos nacionalistas, socios no goberno, que seguiron a cantar o himno.
Agora, en data tan solemne, a presidenta saíulle a súa vea folclórica española. O feito demostra o concepto que teñen tanto socialistas como populares da autonomía e dos seus símbolos. O Himno é unha peza folclórica máis, como Negra Sombra ou A Muiñeira de Chantada.
As leis emanadas do propio Parlamento onde se recollen os símbolos de xeito reglado, o himno coa súa letra e partitura, regulando a súa utilización, son papel mollado. Farían o mesmo os socialistas con Himno español? Seguramente que non.
Pero, tan lamentábel como o sucedido no Parlamento galego é que ningún medio de comunicación se “escandalizou” nin criticou o feito. Senón que o presentaron maioritariamente como positivo. Tamén a maioría do público presente. Só o BNG protestou.
Para a maioría foi, todo o máis algo anecdótico. Pero non o é, é un feito político que mostra as claras a idea de autonomía que teñen os partidos estatais. Algo folclórico. O importante xa se sabe, é a nación española e os seus símbolos.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat