Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 21 de de juny del 2007 | 17:26
Crònica · Galiza

Os proxectos pendentes da Xunta no ecuador da lexislatura


Hai dous anos a política galega comezaba unha nova andaina co PSOE e o BNG como protagonistas dun cambio de orientación radical. Milleiros de cidadáns optaron por arrebatarlle o poder a Fraga. Era entón cando se abría paso un vieiro esperanzador para nacionalistas e socialistas. No ecuador da lexislatura aínda quedan pendentes causas como a creación do grupo lácteo galego ou a reforma da lei para o control da enerxía eólica. Polo de agora son vinte e tres as leis que os socios da Xunta aprobaron durante os dous anos de goberno. As galescolas, a selección galega de fútbol, os soldos dos cargos públicos na Rede, a Policía Autonómica, a lei de igualdade, o incremento do gasto social... serviron para darlle a Galiza un pulo que a dinamizaba logo do período de receso do Goberno do PP.

Agora que dá comezo o vindeiro período da lexislatura, Touriño e Quintana vense na obriga de cumprir os retos do pacto programático do PSOE o do BNG. O traslado de Ence, a redución da Administración paralela, o traspaso de competencias, a reforma da CRTVG e a galeguización da Administración da Xustiza son algún dos proxectos recollidos na axenda da Xunta. Tamén se prevé a aprobación dunha futura lei de Universidades e outra de Ordenación Agraria. PSOE e BNG pretenden que nos próximos dous anos se creen as áreas metropolitanas, unha institución para promover o galego no exterior e un grupo lácteo que fortaleza a gandería galega.

O control da enerxía eólica como causa pendente

 Galiza xa fora unha gran potencia hai máis de setenta e cinco anos, cando os oligopolios eléctricos se fixeron coas concesións para explotar as mellores terras e os ríos galegos. O futuro da enerxía atópase agora nas eólicas, sector cunhas inmensas posibilidades para Galiza. O potencial eólico dos montes galegos precisa dunha reforma urxente para controlar a produción eólica dende o país, algo que vén reclamando o BNG tempo atrás. Agora, a Xunta pretende que a enerxía eólica sexa visada desde Santiago e que os seus beneficios apoien o desenvolvemento de Galiza en xeral e dos propietarios do monte en particular. O Goberno de Fraga hipotecou a enerxía eólica galega no 2001, ano no que repartiu a xeografía concedéndolle as mellores áreas de vento ás grandes empresas españolas, Fenosa, Endel, Iberdrola e Endesa. Hoxendía é imposíbel outorgarlle a concesión a unha nova empresa porque, aínda que existe espazo, ninguén pode entrar nunha zona entregada a outra compañía.

 A UE demandou do Goberno español que modifique a lexislación sobre as concesións hidroeléctricas por considerar que é contraria aos principios da libre competencia. Daquela, os ríos galegos tamén foran repartidos entre as grandes empresas de enerxía. Agora, a Consellaría de Industria e as empresas do sector eólico apuntan que no caso de presentar un contencioso perante a UE, esta anularía as concesións outorgadas pola anterior Xunta. Non obstante, o actual Goberno de Zapatero semella reacio a enfrontarse cos oligopolios eléctricos.

O senador e coordenador da Executiva do BNG, Francisco Jorquera, lamenta que o entreguismo do Goberno de Madrid ás grandes corporacións “impida realizar unha política enerxética propia e consonte aos intereses dos distintos territorios do Estado”. Jorquera contrapón a política dos socialistas coa que está a promover o Goberno galego desde Industria.

A Xunta pretende aprobar no 2008 o Plano Eólico mediante un decreto lei rexido pola transparencia no que se recolla o coidado ambiental, a reordenación do territorio, o interese xeral e os principios da libre concorrencia. O borrador redactado pola Consellaría de Industria acubilla unha medida de gran relevancia, a de declarar caducados os dereitos adquiridos por todos os promotores actuais, o que significa que poderían acceder ás concesións outras empresas. Varias compañías de capital galego que se vían imposibilitadas polo reparto actual amosan o seu interese polo proxecto. O BNG pretende que unha parte dos beneficios revertan nos galegos, algo que non acontece hoxendía. Acciona, a empresa máis beneficiada naquel momento, non creou ningún posto de traballo en Galiza e ademais paga os tributos en Madrid.

Outra das cláusulas que recolle o borrador refírese aos propietarios dos montes. Industria quere establecer unha puntuación maior para aquelas empresas que remuneren os propietarios. Até o de agora, as compañías eólicas non tiñan a obriga de acadar un acordo cos propietarios, xa que accedían acolléndose ao dereito de expropiación que fixaba prezos ridículos.

Á hora de adxudicar os parques eólicos valorarase o investimento en instalacións industriais e plantas de compoñentes eólicos. Industria tamén aspira a incluír no novo decreto unha cláusula que impida a concentración dos parques eólicos. No novo decreto contémplase que a concesión dos 2.500 megavatios que Galiza pretende adxudicar até o 2012 se realicen dunha soa vez. Ao xestionar todos os megavatios á vez, terase máis control para que non se dea unha concentración.

 A antiespeculación é outra das medidas que acolle o borrador. O obxectivo pasa por evitar a compra-venda dos dereitos eólicos. Tamén se inclúe un apartado que obriga as empresas a acreditar fondos propios que cubran, polo menos, o 20 por cento do investimento. Nos últimos dez anos, máis da metade dos parques mudaron de mans antes da instalación do primeiro aeroxerador, mercados case sempre polas grandes empresas.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat