Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 19 de de juliol del 2007 | 16:52
Crònica · Galiza

As organizacións políticas ultiman os actos para o Día da Patria


O 25 de xullo celébrase o Día da Patria, en verbas de Castelao “a festa maior de Galiza, a festa de todos os galegos”. Co gallo da celebración, da Alameda de Santiago partirán dúas manifestacións cunha hora de diferenza. Este ano, a novidade é que as forzas da esquerda independentista únense nun acto convocado pola organización Causa Galiza. Un ano máis, como vén sendo tradicional, o nacionalismo percorrerá as rúas de Santiago para conmemorar o Día da Patria. Os alicerces da celebración do 25 de xullo remóntanse ao 1920 por iniciativa das Irmandades da Fala, co fin de afirmar a identidade colectiva dos galegos. É na década dos sesenta cando ten lugar a orixe das concentracións dos grupos nacionalistas en Santiago.

As distintas manifestacións organizadas para conmemorar o Día da Patria estiveron sempre condicionadas pola situación política de cada época. Non obstante, sempre se reivindicou a identidade de Galiza como país. Dende a instauración da democracia e a consecución do Estatuto de Autonomía, a práctica totalidade das organizacións políticas e institucións públicas programan diversos actos co obxectivo de conmemorar o 25 de xullo.

As previsións dos actos conmemorativos

A primeira concentración, organizada polo BNG, partirá da Alameda de Santiago ás doce da mañá para concluír ao redor das dúas da tarde na Quintana. Un ano máis, a histórica praza acollerá milleiros de persoas para escoitar o discurso que pronunciará Anxo Quintana, portavoz do BNG e vicepresidente da Xunta. “A forza que fai país” é o lema co que os nacionalistas convocan a súa tradicional manifestación, que rematará co xantar dos militantes e simpatizantes no Campus Sur. Pola súa banda, Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, celebra os días 24 e 25 de xullo o Festigal, que acada a sexta edición.

Este ano, outra manifestación partirá da Alameda á unha do mediodía para proclamar a autodeterminación do país. Organizada por Causa Galiza, a concentración comprende as forzas da esquerda independentista. Nós Unidade Popular, Frente Popular Galega, Adiante e Briga amosaron o seu apoio de forma explícita. Causa Galiza, que se define como “unha entidade social ampla e de esquerda”, deu a coñecer un manifesto que reclama a superación da vía autonomista para camiñar cara á autodeterminación.

 O PSOE celebrará a súa tradicional ofrenda floral en Rianxo diante do busto de Castelao á unha e media da tarde. O acto contará coa presenza do secretario xeral dos socialistas galegos e presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Os socialistas son máis proclives ao recoñecemento da importancia patriótica do 25 de xullo. O Concello de Fene, gobernado polo PSOE, organizou un acto institucional o 24 de xullo baixo o lema “A Patria somos nós”, que consiste nunha ofrenda floral e nun acto no que intervirán os parlamentarios Xosé Manuel Laxe (PSOE) e Carlos Aymerich (BNG).

 As mocidades independentistas convocan para o 24 de xullo dous festivais distintos. A Assembleia da Mocidade Independentista celebra a XIII Rondalha da Mocidade Independentista na Porta do Camiño, que inclúe unha exposición contra a “turistificación” de Galiza, unha foliada con regueifas e un acto político, seguido da Rondalha coa bandeira polas rúas de Santiago. Pola súa banda, Briga organiza a III Jornada de Rebeliom Xuvenil no parque do Belvís, cun acto político e un concerto no que participarán Skacha, Skárnio, Trapalhada e os cataláns Obrint Pas.

 Celebración en Catalunya A Generalitat programou unha recepción oficial o 25 de xullo co gallo da celebración do Día da Patria. O vicepresidente Josep Lluís Carod Rovira vai recibir no Palau de Pedralbes os representantes da Federación de Entidades Culturais Galegas e do Foro Cívico Galego. O acto incluirá un discurso do tradutor e crítico literario Basilio Losada.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat