Indica publicitat
Divendres, 10 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dimecres, 19 de de març del 2008 | 16:23
Crònica · Galiza

Vigo avanza camiña cara á Universiada


“Hoxe iníciase unha nova etapa para a cidade”, aseguraba o impulsor da candidatura viguesa, Santiago Domínguez, nada máis coñecer que Vigo erixíase como a candidata estatal a converterse na sede da Universiada 2013. Por vez primeira concorrían a acoller os Xogos Universitarios dúas cidades, pero 15 votos a favor, fronte a oito en contra e dous en branco, valéronlle a Vigo o pase á final do 31 de maio en detrimento de Murcia.

2013 globos coas cores da bandeira olívica sobrevoaron os ceos de Vigo para celebrar unha importante vitoria no camiño cara aos Xogos Universitarios. “Culmina unha etapa e iníciase unha nova carreira”, apuntaba o tenente de alcalde de Vigo, que un ano antes incluíra a Universiada no programa electoral do BNG ás municipais.

A Federación Internacional de Deporte Universitario, FISU, elixirá a sede da Universiada de verán de 2013 entre Vigo, Kazán, por Rusia, que parte como favorita, Poznan, por Polonia, Kwangju, por Corea do Sur, e Quebec ou Edmonton por Canadá. Non obstante, segundo informa a organización de Vigo, é posíbel que Canadá e Polonia acaben por retirarse.

Ademais de reforzar a identidade de Vigo, que só coa candidatura gaña proxección internacional, a Universiada está a acentuar un sentimento de cidade unificada. Abel Caballero, alcalde de Vigo, afanouse en subliñar que “a cidade se uniu de forma manifesta” para apoiar a candidatura. O rexedor vigués engadiu que Vigo é quen de optar a eventos internacionais e augurou que pode ser a “gañadora” na competición final.

 Ao apoio da Universidade de Vigo, un dos piares da candidatura, e da Xunta, únese a aposta sen precedentes dos sectores social, político e económico da cidade. “A participación neste proxecto é moi atractiva e a proba é a cantidade de empresas que a apoian”, revelou Alberte Gago, reitor da Universidade.

 Pola súa parte, o nacionalista Domínguez afirmou, “queremos que todos sexan conscientes da ocasión que ten Vigo e manter ou incluso ampliar os apoios que xa temos a nivel popular, político ou empresarial”.

O proxecto vigués vai tomando forma, pero aínda fican máis de dous meses para coñecer o nome da cidade que acollerá o segundo maior evento do mundo, que congrega cerca de 11.000 deportistas de 170 países cada dous anos.

 A carreira pola Universiada

09.10.07. Vigo expón formalmente a súa intención de acoller a Universiada.

 19.12.07. Celébrase o acto de presentación da imaxe oficial da candidatura de Vigo

 25.01.08. Preséntase a candidatura de Vigo perante o Comité Olímpico Español.

 05.02.08. Oito inspectores do Comité Español de Deporte Universitario examinan a cidade. 06.02.08. O CSD valora positivamente a proposta de Vigo.

04.03.08. Vigo e Murcia presentan as súas candidaturas perante o CSD.

11.03.08. O CSD anuncia que Vigo será a representante do Estado para acoller o evento.

14.03.08. Un representante da delegación viguesa entrega o dossier en Bruxelas. Finais de marzo. A delegación viguesa viaxa a Bruxelas para expor o proxecto definitivo. Finais de abril. Visitarán Vigo os examinadores da Federación Internacional de Deporte Universitario.

 31.05.08. Darase a coñecer a cidade gañadora.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat