Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 18 de de juny del 2010 | 14:11
Crònica · Galiza

A Xunta dilapida oito millóns en castelanizar os libros de texto

A aplicación do polémico "decreto do plurilingüismo" co que a Xunta reduce a presenza do galego no ensino suporá cambiar ao español os libros de Matemáticas de 3º e 4º de Primaria, así como os de Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química da ESO. Malia que moitos dos textos destes libros están vixentes desde hai só un curso e malia a publicitada "austeridade" da que sempre presume Alberte Núñez Feixóo, a Consellaría de Educación teima en tirar ao lixo por estaren escritos en galego. Ademais, anunciou a ampliación das axudas da "gratuidade solidaria" só aos manuais que insta a modificar.

A CIG, sindicato maioritario no ensino, sinalou que "este malgasto" custaralle ás arcas públicas entre 5,7 e 8 millóns de euros. Os cálculos do PSdeG indican que por mor deste cambio haberá que tirar ao lixo máis de 130.000 libros só dunha materia, cifra que a plataforma Queremos Galego eleva a 190.000 unidades. Ademais do gasto económico que lles suporá ás familias -un total duns 10 millóns de euros-, esta substitución de manuais crearalles problemas ás editoriais, xa que non contarán con tempo suficiente para elaborar as novas edicións antes de setembro. O BNG achacou esta medida da Xunta ás "ansias do PP por limitar a lingua no ensino" e lembrou que o chamado "decreto do plurilingüismo" -que substitúe a norma que insta os centros a impartir como mínimo o 50% das materias en galego, e que nin sequera se estaba a cumprir- "non conta co consenso de moitas voces". Nesta liña, Queremos Galego lembrou que existen máis gastos relacionados coa nova política lingüística. "Indo só aos datos oficiais, atopámonos cun dispendio de 5 millóns de euros só en reducir a presenza do noso idioma no ámbito do ensino no tempo que leva Feixóo como presidente da Xunta", apuntou o portavoz, Carlos Callón.

Dimisión na Secretaría Xeral

Aos milleiros de persoas que saíron en varias ocasións á rúa para rexeitar o decreto, sumáronse as posicións contrarias da Real Academia Galega, do Consello da Cultura Galega e mesmo do Consello Consultivo de Galiza. Os últimos en amosar o seu descontento coa política contraria ao idioma do país que está a desenvolver a Xunta foron os responsábeis dos equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) dos centros de ensino. E iso que actúan baixo a responsabilidade da Secretaría Xeral de Política Lingüística que dirixe Anxo Lorenzo. Os coordinadores central e provinciais dos equipos de normalización, Olga Iglesias, Mercedes Queixas, Carlos Vázquez, Paulino Peña e Iago Castro, deixaron os cargos que exercían desde hai tres anos e medio.?? Nun comunicado, feito público onte, os docentes recibiron a solidariedade da CIG-Ensino, que se fixo eco desta renuncia pola preocupación manifestada desde moitos centros ante a marcha de persoas que viñeron "desenvolvendo o seu traballo en prol da nosa lingua, propiciando pasos adiante e melloras en diferentes aspectos, e que supuxeron un avance importante polo seu labor de asesoramento aos centros cos que mantiñan contacto permanente".

Unha vez máis, o sindicato maioritario no sector pide a dimisión do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, "pola súa actitude antigalega. Desde a toma de posesión veu dando mostras continuadas e inequívocas de que a súa posición é contraria ao noso idioma, adoptando constantes medidas contra el". Estas últimas renuncias ratifican que a meirande parte da comunidade educativa -ademais da sociedade e dos organismos nomeados- rexeita rotundamente as medidas que está a tomar o PP desde a Xunta contra a lingua do país.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat