Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dilluns, 18 de de gener del 2010 | 14:46
Crònica · Galiza

O naval preocúpalle a España "oito liñas"

Para o Goberno español, o sector naval non figura como elemento prioritario na axenda da Presidencia europea, senón como "instrumento para mellorar a competitividade". De feito, ocupa tan só oito liñas do documento de 50 follas no que se fixan os obxectivos da presidencia de España na Unión Europea (UE) neste 2010. Deste xeito, o Executivo de José Luis Rodríguez Zapatero incumpre o compromiso de negociar en Bruxelas o levantamento do veto á construción civil en Navantia-Fene. Sobre o estaleiro pesa unha sanción até 2015 que se deriva do uso de axudas ilegais durante o goberno de José María Aznar. Agora, ten que ser o Estado español quen lle solicite a apertura do expediente correspondente á UE, xa que existen precedentes de modificación de vetos, como aconteceu no caso dos estaleiros polacos. Malia os acordos aos que chegou o Parlamento de Galiza sobre o desbloqueo da antiga Astano, nin o PSdeG nin o PPdeG presionan o Goberno español para que negocie na UE o levantamento do veto. Pola contra, o BNG tense pronunciado sobre un asunto que cualifica como "completamente inxusto".

Así, apelou o Executivo central para que interceda perante as institucións europeas durante a Presidencia española da UE. A formación frontista lembrou que o socialista Joaquín Almunia vai ser un dos candidatos a converterse no Comisario da Competencia, polo que considera que Zapatero debería "aproveitar" a situación. "Para evitar que o PSOE adquira compromisos no Congreso que despois non cumpre", os nacionalistas presentaranlle unha batería de preguntas á Comisión de Industria da UE e ao Consello Europeo para que se sitúen sobre Navantia-Fene e para que se permita a flexibilidade na normativa comunitaria, do mesmo xeito que noutros sectores. O BNG advertiu a través do portavoz nacional, Guillerme Vázquez, que o Goberno español será o "responsábel político" se non negocia o desbloqueo do estaleiro na UE. "Non hai escusa, que máis quere?", reflexionou o dirixente nacionalista, para concluír que o veto "foi unha decisión estritamente política que se solucionará con vontade política".

Melloras nos sectores produtivos
Os dirixentes do BNG céntranse arestora en reclamarlle ao Goberno español melloras na situación que atravesan os sectores produtivos, en especial, na pesca e na agricultura. No primeiro dos casos, buscarán que na Presidencia española da UE se considere Galiza como zona altamente dependente, á vez que pedirán mellorar as condicións do sector pesqueiro, reformular a "Operación Atalanta" e aumentar a cooperación interior en Somalia para acabar coa pirataría no Índico. En canto á agricultura, as principais demandas centraranse no sector lácteo, para o que pedirán regular os dereitos de produción, revisar o incremento da cota, medidas de apoio para as explotacións e, en definitiva, a "estabilidade, viabilidade e corrixir as desigualdades" que vive o colectivo en Galiza.

Tamén está nos propósitos do BNG para incluír na axenda do Estado a necesidade de conseguir un período transitorio de diminución progresiva dos fondos europeos de cooperación e lograr a representación de Galiza nas reunións nas que se tomen decisións que sexan exclusivas ou lle afecten de forma singular ás competencias galegas e aos seus sectores produtivos. En canto á situación ambiental, os nacionalistas presentarán iniciativas en Bruxelas que pretenderán o saneamento integral das rías galegas. Neste ámbito político, tamén se incluirán propostas relativas á creación das autoestradas do mar e ao transporte de rías.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat