Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dilluns, 17 de de novembre del 2008 | 14:39
Crònica · Galiza

Bautista Álvarez deixa a presidencia da UPG no XII Congreso Nacional

A pasada fin de semana Santiago de Compostela acolleu o XII Congreso do partido maioritario que se insire no seo do BNG, a Unión do Povo Galego (UPG). Milleiros de persoas debateron as teses internas da formación, que incidiron na necesidade de perfeccionar a "simbiose" entre a organización e o Goberno galego. A nivel estatal, as teses foron críticas cos dous partidos maioritarios, o PP, ao que acusaron de antinacionalista, e o PSOE, do que destacaron a "desvalorización das nacionalidades". Con todo, o fío condutor do documento foi a conxuntura económica.  

Neste congreso, o que desde hai 30 anos era o presidente da UPG deixou de selo. Bautista Álvarez anunciaba na primeira xornada do XII Congreso Nacional do partido que deixaba a presidencia por motivos persoais. Ademais de ocupar este cargo durante décadas, Álvarez participou na fundación da UPG hai 40 anos.  

Na súa intervención, o histórico nacionalista, que, segundo lle manifestou á UPG ten "á súa disposición" a Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalista, advertiu dos "riscos" que poden derivarse de que o nacionalismo conciba o poder político galego desde unha perspectiva "simplemente de xestión ou de carreira de méritos biográfica e non de transformación da realidade". Tamén recalcou que o marco autonómico ten "enormes limitacións" e que, polo tanto, a súa "superación autodeterminista" debe orientar "sempre" o movemento do nacionalismo.  

O dirixente fundador da UPG botou a mirada atrás e referiuse a episodios "clave" na conformación do nacionalismo contemporáneo, e animou os militantes a traballar politicamente para superar o capitalismo por ser "un modo de produción contrario aos intereses dos pobos e da Humanidade no seu conxunto".  

"Non é preciso botar man dos teóricos marxistas para demostrar que as turbulencias nos ciclos produtivos non son froito da casualidade nin de conmociones erráticas producidas pola guerras, incidencias políticas ou cambios demográficos", apuntou Bautista, e engadiu que "son propias das economías industrializadas do sistema capitalista".  

Tamén considerou que no actual contexto económico, o movemento nacionalista debe "aproveitar a crise para refundar o socialismo", segundo defendeu. O presidente da UPG criticou con dureza a actitude da socialdemocracia ante a crise do capitalismo ao cualificala como "esquerda domesticada". "A socialdemocracia deixou de ser lobo para converterse en can e gruñir ao redor da crise sen ousar espetarlle o dente, pois refunfuñar moito e morder pouco é propio do can faldeiro", ilustrou.  

Tres anos despois do último congreso, que se celebrou en xaneiro do 2005, a UPG renovou os órganos partidarios. Francisco Rodríguez foi reelixido secretario xeral da Unión do Povo Galego (UPG). No seu discurso final, asegurou que a UPG seguirá na "traxectoria de partido nacionalista e marxista" e centrouse na política internacional, sobre todo en Barack Obama. Rodríguez acusou o futuro presidente dos Estados Unidos de planear máis conflito para Afganistán, tarefa na que o Estado Españól "é cómplice". "O Estado usa como carne de canón os fillos do noso pobo", denunciou en relación ás mortes de galegos por mor deste conflito.  

Ademais Rodríguez criticou directamente unha única vez o PSdeG. "Non sei porque o presidente da Xunta lle ten tanto pavor ou tanta ambigüidade a que Galiza teña un instituto de crédito propio", denunciou Rodríguez en alusións ás idas e voltas do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, ante esta proposta do BNG. Os militantes aplaudiron esta crítica, pero non o fixo así un dos convidados, o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, que no seu discurso eludiu atacar os seus socios de Goberno na Xunta. Quintana, ademais de gabar a actualización do discurso da UPG, espetou que a "autonomía non colma as nosas aspiracións como nacionalistas". Tamén denunciou as "limitadas competencias" da Xunta e o "aínda peor financiamento".

Nace Espazo Socialista Galego Pola outra banda, un novo grupo político vén de inserirse nas filas do BNG. Trátase de Espazo Socialista Galego (ESG), que se constituíu como partido nunha Asemblea Nacional na que saíu elixido secretario xeral Xoán Bascuas, actual delegado da Consellaría de Vivenda na Coruña. Segundo o líder da formación, a asemblea "cumpriu amplamente coas expectativas, xa que ao longo da xornada participaron 210 asembleístas". No acto de clausura da xornada, que se celebrou o sábado día 8 en Compostela, estiveron representadas as correntes da organización frontista.

 

Segundo o secretario xeral de ESG, a identidade nacional é a principal característica deste novo grupo, no que se adscribiron distintas opcións procedentes da Esquerda Nacionalista, do sector de Camilo Nogueira e doutras correntes. Creada para asentar a socialdemocracia no seo do BNG, a formación reclama "os máis elevados teitos a nivel competencial e o Estatuto de Nación". O líder de ESG subliña os valores republicanos do grupo e a introdución do debate de laicismo.  

Bascuas apuntou no discurso de clausura da asemblea que ESG "quere construír un lugar ao que se poden achegar homes e mulleres dispostos a traballar polo país e polo BNG, con amplitude de miras". Ademais, sinalou a necesidade dunha igualdade real de oportunidades, da redistribución da riqueza e da participación dos poderes públicos no funcionamento do mercado. ESG "vai achegar o seu gran de area para que entre todos e todas fagamos de Anxo Quintana o novo presidente da Xunta e acadar, por fin, un novo Estatuto de Nación", concluíu.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat