Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 15 de de desembre del 2006 | 17:01
Crònica · Galiza

A ninguén lle apura o novo Estatuto


Nin os nacionalistas nin os socialistas teñen moito apuro en avanzar coa reforma do Estatuto. Antes era o PPdG quen, seguindo o mandato de Mariano Raxoi, teimaba en pospoñer toda decisión até despois da eleccións municipais. Pero, aparentemente, semella que non mudou nada. A próxima semana reunirase o voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, co secretario xeral do PPdG, Núñez Feixó. Días despois farano ambos políticos co presidente galego e secretario xeral do PSdG-PSOE, Pérez Touriño. Uns e outros afirman que estas reunións desbloquearán o proceso. Quen acredite nos milagres pode crelo. A partida que se xoga agora ten moi pouco que ver coa consecución dun novo Estatuto, que está atrancado no caneiro parlamentario. Agora andan todos á procura da fórmula de como votarlle a culpa aos demais de que o Estatuto non vaia adiante e conseguir réditos políticos. O PP, que ten a chave do proceso, tenta achegarse ao PSOE, tratando de procurar por todos os medios abrir unha crises no bipartito. Feixó tan ben afirma que non permitirá un Estatuto inferior ao de Catalunya como rexeita de plano o termo nación. Cando el quere dar un paso adiante está Raxoi para frealo. Pérez Touriño cando se reuniu con Feixó chegou a un pacto, segundo explica o líder popular: un Estatuto coma o catalán, con dúas salvedades, o recoñecemento do carácter nacional (a fórmula sería “nación de Breogán”) e o deber de usar o galego.
Existiría tamén, acordo a respecto da fórmula financiamento. A mesma que a catalá. Pero dáse a circunstancia de que o BNG rexeita estes tres aspectos. Non pasa por menos que se recoñeza claramente o carácter nacional de Galiza no preámbulo, sen aditamentos ou adxectivos á palabra nación e que se contemple claramente a equiparación do galego ao español.
No apartado do financiamento, os nacionalistas afirman que non aceptarán a fórmula catalá, por ser lesiva para Galiza, demandando que se recolla unha cesta de trabucos que permitan a suficiencia orzamentaria, pois coa fórmula catalá quedaría só no 70%. Pérez Touriño, cando fala cos nacionalistas afirma que só trata de presionar ao PP, pero que non vai pactar con el se non está de acordo o BNG. Por outra banda é ben sabido o carácter do Touriño que nunca, nunca, disentiu do seu interlocutor logo dunha entrevista. Logo fai o que quere. Os nacionalistas xa lle deixaron claro ao presidente en polo menos tres ocasión que, de producirse un pacto no Estatuto PP-PSOE que os deixara fora, ao día seguinte sairían do goberno.
Até de agora nin o PP nin o PSOE o crían moito, pero despois da Asemblea Nacional do BNG xa saben que van en serio na posíbel ruptura do goberno e que non darán un paso atrás na cuestión nacional e lingüística. Así o aprobaron. Malia a que esta semana a comisión parlamentaria xa ten case redactado o novo Estatuto agás nos casos conflitivos, todo semella que logo das reunións dos tres líderes partidarios o Estatuto quedará aparcado até despois de maio. Os nacionalistas, logo de ollar o que lle fixeron ao Estatut catalán en Madrid, co anuncio de De La Vega de que ao galego lle pasará o mesmo, segundo afirmou na súa recente visita a esta nación, e a teimosía antinacionalista do PP, pretenden agardar por unha mellor situación. Quer dicir, cando se discuta o novo estatuto vasco.
De momento, ter a discusión no carácter nacional e na lingua xa é un éxito para o BNG que olla como pode aumentar a conciencia dos galegos. Touriño tampouco quere convocar eleccións anticipadas e ao PP chégalle con votarlle a culpa ao bipartito por non poñerse de acordo para sacar réditos electorais O Estatuto pode agardar. Mellor retrasado que malo...

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat