Indica publicitat
Divendres, 10 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 12 de de setembre del 2008 | 14:23
Crònica · Galiza

Galiza, na Diada Nacional de Catalunya


Un ano máis, Galiza quixo compartir con Catalunya o seu día nacional. Anxo Quintana participou en calidade de vicepresidente da Xunta e de portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego en varios actos da Diada. No seu paso pola terra catalá, o líder do BNG ofreceulle ao presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero o apoio "sólido" de Galeuscat.
Tras a ofrenda de CiU ante a estatua de Rafael Casanova, Anxo Quintana dixo querer amosar "a solidariedade e a amizade de Galiza con Cataluyna e do BNG con Convergenciai Unió e co conxunto das forzas nacionalistas catalás. O portavoz nacional do Bloque participara xa o mércores na recepción organizada no Parlament de Catalunya. O xoves, Quintana acudiu de novo ao Parc de la Ciutadella para participar no acto institucional convidado polo Goberno catalán.

Representando ao BNG tamén asistiu á celebración da Diada, o nacionalista Xosé Manuel Pérez Bouza. O senador galego participou nos actos de Esquerra Republicana de Catalunya. Na súa estadía en Catalunya, o portavoz nacional do BNG aseguroulle a Zapatero que pode ter en Galeuscat (BNG, PNV e CiU) o apoio parlamentario "sólido" que precisa e que non ten para facerlle fronte á crise económica. Quintana fixo fincapé en que o presidente do Executivo español pode ter no nacionalismo o compañeiro "lóxico e democrático" no que apoiarse, sempre e cando cumpra o seu "compromiso" de camiñar cara ao Estado plurinacional e se afaste da política do Goberno do PP neste asunto. Para o líder nacionalista galego, na comparecencia de Zapatero este pasado mércores demostrouse "a súa soidade e un certo grao de irresponsabilidade" ao afrontar a crise. A semana que vén comezan as reunións dos responsábeis de Economía cos portavoces dos distintos grupos parlamentarios. O Goberno español necesita máis que nunca buscar nas negociacións apoios para aprobar as contas do 2009. Estas reunións van ser claves ao non contar o Executivo central con ningún aliado estábel.  O próximo xoves pola mañá, Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Congreso negociará a visión dos nacionalistas galegos co ministro de Economía. Anxo Quintana, durante a celebración da Diada, volveu deixar claro que "a día de hoxe" o BNG votaría non "porque o señor Zapatero incumpriu os seus compromisos con Galiza" e "pretende gobernar como se tivese maioría absoluta cando non a ten". Malia esta afirmación, Quintana destacou que o seu partido "é unha forza dialogante e construtiva e está disposta a negociar para formar unha maioría". O portavoz nacional do BNG fixo un chamamento á unidade das forzas políticas galegas á hora de negociar en Madrid. " Estes días, vemos como en Catalunya ou en Navarra se producen movementos tamén dentro das forzas políticas estatais para tentar ter un funcionamento conxunto co obxectivo de que os orzamentos teñan en conta a pluralidade do Estado, mesmo ameazando con romper a disciplina de voto. Nós vemos lóxico que Galiza teña unha posición conxunta e desde logo no BNG ímolo tentar". Pola súa banda, Urkullu asegurou que os membros da alianza poden exporlle unha proposta conxunta ao Goberno sobre os Orzamentos do Estado se a CiU lle falla a estratexia de unirse ao resto de partidos cataláns. Nese caso, "estudarase a posibilidade" dunha fronte deses partidos nacionalistas, pero deixou claro que os tres teñen "neste momento" estratexias propias, como a de CiU facendo "unha fronte formal, unha fronte catalá" que inclúe ao tripartito do Govern. Serán os encontros con CiU e PNV os que lle dean a clave ao Goberno español sobre como debe enfocar a negociación. Os socialistas necesitan un mínimo de sete deputados a parte dos seus para poder sacar adiante o proxecto de lei. En principio CiU, con dez escanos, é o único grupo que de por si lle permitiría superar esta marxe. 

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat