Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 12 de de juny del 2009 | 13:20
Crònica · Galiza

Cruzada do PP contra o galego

Pouco lle importan ao PPdeG os EREs que cada día levan á rúa decenas de galegos e galegas. Pouco lle importa o conflito do metal, sector que hoxe vive unha xornada de folga xeral que se converterá en indefinida a partir do luns. Pouco lle importa escusarse na crise para recortar a calidade do ensino.


Pero ao partido de Alberte Núñez Feixóo non lle importa escatimar esforzos e recursos económicos para atacar o galego. Desde que tomou posesión como presidente da Xunta, o líder do PPdeG emprendeu unha intensa campaña contra a lingua. Unha cruzada que se traducirá na primeira ofensiva lexislativa o próximo 23 de xuño, coa eliminación, por lei, das probas obrigatorias en galego para acceder á oferta pública de emprego convocada en Galiza. E faino impedindo a tramitación ordinaria de todo texto normativo no Parlamento, sen posibilidade de estudo en comisión e mesmo obviando o dereito de presentación de emendas parciais.

O PP xustifica esta españolización das oposicións en Galiza argumentando que cómpre "posibilitar a mobilidade dos cidadáns e das cidadás" por todo o territorio estatal e suprimir as "barreiras lingüísticas". E é que para os populares, o galego non é unha lingua que necesita protección, é unha traba, unha "barreira", como eles mesmos a cualifican, que queren derrubar.

A desgaleguización que está a emprender o Goberno do PP na Galiza transcende o eido administrativo e céntrase, sobre todo, no ensino, cunha enquisa que non é unha consulta, senón unha pura declaración de intencións do PP. Onte saltou a última alarma ao respecto. A Consellaría de Educación envioulles aos centros de ensino unha circular na que lles prohibe calquera acto informativo relacionado coa enquisa. Agora pretenden cortar a liberdade de expresión dos docentes, das equipas de normalización, das asociacións de pais e nais...

Nos últimos días, coñeceuse a opinión contraria da comunidade educativa respecto á consulta, carente de toda fiabilidade, coa que o PP pretende acabar coa lingua galega na escola. A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística lanzou na última semana unha campaña informativa sobre o inquérito. A través do reparto de trípticos, os docentes fanlles saber ás familias datos significativos, como que o alumnado galego ten mellor dominio do castelán que a media española ou que as crianzas galegas dominan mellor o inglés que a media estatal. Pero o PP non quere que os pais e nais coñezan estes datos, como tampouco queren que saiban da postura contraria á consulta da comunidade educativa, que redactou un documento conxunto no que rexeita a enquisa.

Os sindicatos maioritarios do sector, así como os equipos de normalización, asociacións de pais e nais e outros movementos educativos advertíronlles ás familias de que a sondaxe foi "deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal". Ademais, lembran que a legalidade do decreto que regula o uso e promoción da lingua no eido da educación -e que a Xunta do PP quere eliminar- "foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza".

Para evitar esta información "tan perigosa", Educación avisa os centros coa circular. "Aproveito para lembrarlle que a Dirección do centro é a responsábel do normal desenvolvemento do proceso de realización da consulta e en consecuencia deberá prohibir todas as accións ou actos, tanto a favor como en contra do mesmo, mantendo informada en todo momento a Inspección Educativa". A CIG-Ensino, sindicato maioritario no sector, emitiu un comunicado no que denuncia "a irresponsabilidade da Consellaría de Educación que non ten reparo, no momento de máis traballo nos centros, coincidindo coa fin de curso, en cargar sobre as direccións, en contra da súa vontade, con encomendas que lle son alleas e mesmo contrarias aos seus cometidos, implicándoas nunha campaña política do PP".

Pretender que o profesorado non poida emitir a súa opinión, segundo a CIG Ensino, vulnera "un dos dereitos fundamentais como é o da liberdade de expresión", e converte os centros "nunha canle de pensamento único e adoutrinamento parcial".? O BNG comparte a mesma liña. Os nacionalistas amosaron onte o seu "estupor" polos límites "aos que está a chegar o goberno do Partido Popular na súa cruzada contra o galego", que é xa máis unha "cruzada contra a liberdade de expresión toda vez que as equipas directivas dos centros de ensino están a recibir ameazas de que se lles abrirá expediente ante calquera tipo de propaganda a favor da lingua que apareza nos centros".

Para o BNG, directrices coma a de Educación poñen de manifesto non só o desprezo da Xunta polo galego senón pola democracia en si, xa que impiden a manifestación lexítima da libre expresión en favor dunha causa. Os nacionalistas alertaron de que este tipo de políticas só implican un retroceso, unha involución a tempos "ben escuros, de represión e apagón informativo" como os que se viviron no 'Prestige'. "Realmente non se está a falar de censura, senón de prohibición". Cómpre ter en conta que o PP pretende deste xeito quitarlle a palabra a un eido como o educativo, que debería ser paradigma da liberdade.   

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat