Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dilluns, 11 de de desembre del 2006 | 16:53
Crònica · Galiza

A Asemblea do BNG ratifica a liña política dos tres últimos anos


A XII Asemblea Nacional do BNG ratificou as políticas que a organización veu mantendo nos tres últimos anos. Apoiou a entrada no Goberno, o pacto co PSOE e a aposta por un Estatuto de Nación como táctica cara a autodeterminación. Dotouse de elementos de control dos cargos institucionais e decidiu que os plenarios das asembleas fosen por delegados, pero reafirmando o seu carácter frentista. Anxo Quintana saíu reelixido co apoio do 90% da organización como Portavoz Nacional á fronte dunha Executiva de consenso á que volve Xosé Manuel Beiras. Non mudou o BNG coa entrada na Xunta como moitos agoiraban. Logo do seu plenario celebrado os días dous e tres de decembro en Compostela, terán que aparcar “sine die” as pretensións internas de converter ao BNG nun partido tradicional ao uso. Pretensións existentes en algúns sectores aínda que nesta ocasión estaban acochadas, cando non apostaban directa e sorprendentemente polo asemblearismo, como a candidatura denominada Alternativa.
Tamén os poderes externos que teimaban non só en asimilar ao BNG, integrándoo no sistema, senón en convertelo nun partido de corte socialdemócrata tradicional co cántico de serea de que unicamente deste xeito podía conseguir unha maioría electoral necesaria. Ademais, o BNG reafirmou o seu carácter antimperialista e solidario, así como a súa postura crítica coa UE, contrariamente ao que defendía A Alternativa. Nesta Asemblea presentáronse catro candidaturas ao Consello Nacional pero non son catro liñas ideolóxicas diferentes, senón catro maneiras de facer as cousas. Hai dados elocuentes que o ilustran. As teses foron aprobadas por 1.359 votos a favor, 387 en contra e 79 abstencións. O informe de xestión presentado polo Consello Nacional foi referendado por 1.303 votos a favor, 558 en contra e 124 abstencións. As cinco emendas ao texto oficial foron aceptadas polos relatores. Das outras só unha pasou a debate en pleno.
Todos de acordo: un Estatuto de nación
Pero, sobre todo están as distintas propostas e os debates desta Asemblea. As diferentes correntes defenderon un Estatuto de Nación de máximos. Un Estatuto de Nación, que a súa soa mención arrancaba sonoros aplausos. Niguén cuestionou a táctica do BNG de impulsar este debate. Así o presentou tanto o reelixido portavoz Nacional, Anxo Quintana, como o secretario xeral da UPG Francisco Rodríguez. Nin que fose o grande éxito do nacionalismo nestes tres anos. Ninguén puxo en dúbida tampouco que o horizonte está na autodeterminación, como recalcou Xosé Manuel Beiras entre aplausos afervoados.
Ninguén dubidou de que a normalización lingüística é unha das grandes tarefas actuais do nacionalismo. Existiu unanimidade en que existen eivas, que aínda queda moito camiño por andar e que é necesario mellorar a política da Xunta neste aspecto, pero tamén a actitude dunha parte da militancia.
Non se puxo en cuestión o fondo da política institucional, nin na Xunta nin nos concellos. Nin sequera se cuestionou o pacto do goberno cos socialistas. Fermín Paz, voceiro do Movemento pola Base, si que pediu máis dureza co PSOE e se preguntou se non sería necesario renegociar algúns aspectos. Pero foi unicamente unha reflexión, unha pregunta, como el mesmo dixo. Houbo voces que se doeron que os nacionalistas non puideran conseguir as competencias en Normalización Lingüística.
Non houbo radicalismo, por que ninguén defendeu nada radical, só que radical sexa o ser nacionalistas e defender que Galiza é unha nación ou que os galegos teñen o dereito e o deber de coñecer o seu idioma.
Algúns, principalmente en Madrid, ollan o radicalismo na aprobación dunha emenda na que se demanda que adaptemos o horario á nosa situación xeográfica e non á política: ao mesmo que Portugal, Inglaterra ou Canarias, cos que compartimos uso horario.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat