Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 11 de de gener del 2007 | 17:44
Crònica · Galiza

Un ano marcado polo novo Estatuto


Este ano político que vimos de comezar ven marcado na Galiza, como en todo o Estado, polas eleccións municipais, pero tamén, de xeito singular, polo novo Estatuto de autonomía. As eleccións municipais preséntanse como un novo enfrontamento entre socialistas e nacionalistas contra o PP, aínda que tamén os socios no goberno autónomo teñen unha forte disputa entre eles, con cambadelas a feito. Todo indica que PSOE e BNG reeditarán os pactos que manteñen tanto na Xunta como nos concellos. A única dúbida a despexar é se realizarán un pacto global, como logo das dúas últimas eleccións, ou se será concello a concello. Os nacionalistas sempre optaron pola fórmula de que o pacto fora a nivel nacional, pero a experiencia móstralles que mentres eles cumpriron, os socialistas rachaban este acordo en varios concellos sen que, finalmente, a dirección tomase medidas axeitadas cos rebeldes. Logo de ser expulsados, todo o máis, volvían a encabezar na próxima lexislatura a lista do PSOE. Os nacionalistas, que foron os únicos que puxeron até de agora unha proposta articulada sobre da mesa de negociacións, non están dispostos a apoiar un Estatuto que non supoña un avance ou quede por detrás do de Catalunya. Touriño afirma que tampouco. O PP gustaría de pactar co PSOE e, deste xeito, rachar o pacto de goberno destes co BNG. Touriño non está pola labor. Así que a próxima semana saberemos xa podemos ter un novo Estatuto esta lexislatura ou haberá que agardar a que se aprobe antes o de Euskadi. A aposta de nacionalistas e socialistas é deixar ao PP sen alcaldía en ningunha das cidades galegas. Das sete grandes capitais, agora o PP só conta coas alcaldías de Ferrol, Ourense e Vigo. Pensan que poden recuperar a primeira que sempre foi un feudo da esquerda. Que Ourense, pola contra, en mans sempre da dereita, coa marcha do actual mandatario, Manuel Cabezas pode pasar a mans nacionalistas. Máis rifado estará en Vigo pois nesta lexislatura o alcalde socialista Pérez Mariño rachou o pacto co BNG dándolle a alcaldía ao PP en minoría. Corina Porro, alcaldesa e candidata, asentouse moito mellor que pensaban no cargo, polo que é, sen dúbida, a cidade de máis incerto prognóstico: calquera das tres forzas pode conseguir pilotar o goberno. A tendencia das últimas eleccións é que tamén o PP vaia perdendo pouco a pouco as alcaldías nos municipios capitais de comarca e grandes vilas costeiras. Así o mostran agora tamén as enquisas: o PP tende á baixa mentres PSOE e BNG aumentan; os socialistas cun importante repunte polo efecto Zapatero. Permanecerá até maio? Sen dúbida nas eleccións influirá tamén como se peche o proceso para aprobar o novo Estatuto de autonomía. A próxima semana saberémolo logo de que se reúnan os responsables das tres forzas políticas o mércores 17.
Os agoiros non son nada bos. O PP non quere recoñecer a Galiza como nación. Os nacionalistas do BNG non pasan por menos e os socialistas, aínda que teñen un acordo asinado co BNG, prefiren ir de árbitros na vez de implicarse no proxecto. Non só semella, senón que é verídico, que uns e outros están xa a xestionar máis partidariamente o fracaso do Estatuto que o seu éxito. Nin o PP nin o PSOE tiñan xa gañas de comezalo e foron os nacionalistas, logo de máis dun ano de propostas, os que conseguiron que no pacto de goberno se contemplase este proceso. Agora o PP, que ten a última palabra, non o pechará se as súas enquisas non lle indica que poden saír castigados pola negativa.
Financiamento, lingua, división territorial e recoñecemento nacional son os aspectos que os separan cando quedan só dúas sesións do relatorio para rematar o traballo. O acordo podía ser posíbel nos tres primeiros apartados, pero é moi difícil no recoñecemento de Galiza como nación, aínda que o presidente Touriño afirmase nunha comida cos directores dos xornais que el estaba por este recoñecemento e que só se trataba de procurar unha fórmula que fose asumida polo PP que teima en que “chega” o de nacionalidade histórica.
Os nacionalistas, que foron os únicos que puxeron até de agora unha proposta articulada sobre da mesa de negociacións, non están dispostos a apoiar un Estatuto que non supoña un avance ou quede por detrás do de Catalunya. Touriño afirma que tampouco. O PP gustaría de pactar co PSOE e, deste xeito, rachar o pacto de goberno destes co BNG. Touriño non está pola labor. Así que a próxima semana saberemos xa podemos ter un novo Estatuto esta lexislatura ou haberá que agardar a que se aprobe antes o de Euskadi.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat