Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 9 de de novembre del 2006 | 18:52
Crònica · Galiza

A xustiza contra o galego


Unha e outra vez topamos coa Xustiza, o poder que menos se renovou desde o franquismo. Se desde o goberno vasco pensan que están a entorpecer o proceso de paz, na Galiza pódese dicir que fan o mesmo co proceso de normalización lingüística. O último exemplo témolo esta semana. Unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza acusa á Mesa pola Normalización Lingüística de “perseguir aos profesores, inspectores, alumnos e pais”. E, por se fose pouco, fíxalle cales deben ser as súas funcións: “defender o proceso de normalización”. Pero o maxistrado Javier Cambón aínda vai máis alá é nega o feito social da lingua sentenciando que “só os pais e os alumnos son titulares dos dereitos lingüísticos”. Así que ninguén máis pode reclamar se conculcan os dereitos. Unha sentenza contra a Mesa e os dereitos dos galegos en toda a regra. Pero causa máis perplexidade que esta sentencia se producise, precisamente, a consecuencia dun contencioso presentado pola propia Mesa contra a Consellaría de Educación por incumprir o decreto de Normalización Lingüística. O decreto avoga pola inclusión de certas materias en galego e que os libros de texto destas materias tamén estean no mesmo idioma. A Mesa pedía que condenase á administración por non facer cumprir a lei. Pero a sentenza non entra a debater os argumentos xurídicos do demandante, senón que indica que “a entidade recorrente carece de lexitimación para solicitar que se abran expedientes sancionadores aos inspectores e aos docentes, polo que acorda o arquivo das actuacións”. Resulta ilóxico que a sentenza do superior conclúea que non está habilitado para sancionar a administración, cando xustamente, esa é unha das principais funcións deste tribunal. Dáse tamén a circunstancia que a mesma sala admitiu a trámite e sentenciou contra o decreto cuxo cumprimento pide agora a Mesa. Pero, nesta ocasión, a reclamación fora interposta pola Asociación Gallega para la Libertad del Idioma (AGLI). Asociación que agora está a ter conversas con Ciutadáns, para por a andar un partido “asociado” ao catalán na Galiza. Pero, se cadra, chegaría con ler o encabezamento do sentencia para entender todo. “En La Coruña....”. Así, empregando un topónimo que o mesmo Tribunal considera ilegal en diversas sentencias. O que ten que facer cumprir a lei, incúmprea.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat