Indica publicitat
Divendres, 10 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 8 de de maig del 2008 | 16:21
Crònica · Galiza

A TVG, líder en Galiza


Nun contexto dominado pola fragmentación, a inconstancia das audiencias e a tendencia á baixa das canles xeneralistas, a TVG ratifica a evolución favorábel que comezou a xermolar hai dous anos. Así o demostran os resultados da última xeira do EGM (Estudio General de Medios) e as medicións de Sofres. Malia o incremento da competencia, a TVG erixiuse no último mes como a canle que máis subiu respecto aos datos de marzo, cun 15,8 por cento de share ou cota de pantalla en abril e cun 21,4 por cento no que vai de ano.

"Históricos", así cualifica Xesús Iglesias, director da TVG, os resultados da canle. Non obstante, asegura que a súa satisfacción débese máis a ver cumprido o esforzo de "lograr unha imaxe máis moderna, unha boa realización, iluminación, decoración... e unha mellor calidade dos programas" que dos resultados da audiencia. "É agora cando se ven os esforzos nos que vimos traballando", apunta.

Os informativos, "que contan cunha maior proximidade, con máis presenza humana e máis puntualizacións en directo", son os programas estrela, ao igual que os debates, que segundo o director da Galega, "funcionan mellor que en calquera canle". Non obstante, non se afastan dos demais espazos, "a subida é global, non só subiron determinadas franxas", sinala Iglesias.

Os resultados da canle autonómica van acompañados dunha ampliación de espectadores entre a xente nova e nos ambientes urbanos, un dos obxectivos que perseguía a TVG, e do aumento da audiencia de programas cun público obxectivo minoritario. Este é o caso do espazo cultural "Miraxes", que incrementou o seu share do 4 por cento ao 15. Iglesias engade o exemplo de "Historias de Galicia", que se emitiu en tres pases seguidos e "foi o terceiro o que máis audiencia tivo".

"A nosa temporada vai dende decembro até o verán", afirma o director da TVG. Os motivos non só teñen relación coa calidade dos produtos, tamén teñen que ver factores extrínsecos ao panorama audiovisual. "A rutina do espectador, os cambios no clima e mesmo os quince días que seguen aos cambios de horario de verán e de inverno tamén inflúen", asegura Iglesias.

Ao mes de agosto, no que o consumo medio de televisión experimenta unha forte caída, súmase o outono, cando se estrean as temporadas das outras xeneralistas. Iglesias apunta que a TVG non é quen de competir cos elevados orzamentos de marketing. "No outono pasado algúns programas que funcionaban historicamente deixaron de facelo", asegura. A mala xeira non durou máis que o mes de outubro e a partir de entón, a TVG non deixou de incrementar a súa audiencia.

Esta nova etapa da TVG non está exenta de críticas. Unha das máis escoitadas atinxe aos informativos, que son alcumados de excesivamente "institucionais" e de asemellarse demasiado aos da era Fraga.

Tamén se escoitan críticas sobre o excesivo peso dos sucesos na programación, aínda que, neste senso, a TVG estea na liña doutras cadeas.

Rexistros históricos

-         Cun 15,8 por cento de share en abril, situouse a 3 décimas de Antena 3 e superou en 1,7 puntos a media da FORTA.

-         O share da franxa líder, a sobremesa, foi do 30,1 por cento de luns a venres no último mes, o que supón o terceiro mellor resultado da historia.

-         En abril erixiuse como a cadea que máis programas incluíu na listaxe dos máis vistos.

-         No que vai de ano é a cadea máis vista en Galiza, cun 21,4 por cento de share.

-         Está a superar en 2,4 puntos porcentuais a Telecinco, en 3,7 a TVE1 e case en 5 a Antena 3.

-         A sobremesa acadou unha media de 31,6 por cento e por quinta xeira consecutiva incrementa o número de espectadores. A franxa líder logrou un pico de share do 56,8 por cento entre as 14.00 e as 14.30 no que vai de ano.

-         A TVG está a ser neste ano a segunda canle da FORTA por diante de ETB2 e de TV3.

En menos de dous anos, a TVG incrementou en máis de 6 puntos a súa cota de pantalla.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat