Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 8 de de febrer del 2007 | 19:19
Crònica · Galiza

Unha lei que interesa aos emigrantes galegos en Catalunya


O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de lei que permite a creación dun Banco de Terras. Esta iniciativa da Consellaría do Medio Rural ten especial interese para os emigrantes galegos, sobre todo os afincados en Catalunya. Trataremos de explicarnos. Con esta lei a Xunta pretende recuperar 200.000 hectáreas, un terzo da superficie agrícola de Galiza, na próxima década e poñelas en explotación. Trata así de revalorizar o agro galego e asentar poboación no rural combatendo a desertización e os incendios, un dos seus efectos máis negativos. Para logralo, crea o Banco de Terras no que aqueles propietarios de leiras, eidos e prados abandonados, podan inscribir as súas posesións neste rexistro. A Xunta garantizaralles un prezo xusto polo arrendamento, por un prazo mínimo de cinco anos.
Ao mesmo tempo son garantes do pagamento do arrendamento e, tamén, que as súas terras lle serán devoltas cando rematen o contrato en bo estado de conservación e sen ningún trámite ou posibilidade de que o arrendatario poda facer valer a súa opción de prórroga. Desaparece así o medo ao dereitos que poda ter o arrendador. Ademais, as fincas cedidas ao Banco de Terras quedarán exentas de impostos de Bens Patrimoniais.
Aqueles que procuren terras no banco, se son xoves ou mulleres, recibirán axudas, tentando así rematar co minifundio que lle impide ser rendíbeis a moitas explotacións. Pola contra, aqueles propietarios de fincas en grave situación de abandono”deberán de facer fronte a sancións. Aínda que estas están ao día de hoxe por determinar. Multas que só serán aplicábeis no caso que o mal estado das fincas supoñan un risco para as propiedades conlindantes nas zonas nas que exista demanda de terras agrícolas. Deste xeito, aquelas persoas, moitos deles emigrantes, que queren ollar as súas terras traballadas e non poder ningún dereito sobre delas e, ademais, percibir unha remuneración pola súa explotación, están de hora boa.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat