Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 3 de de novembre del 2006 | 17:09
Crònica · Galiza

Lectura galega das eleccións catalás


A lectura que os partidos galegos realizan das eleccións catalás vai máis alá das afinidades que cada un ten dos seus homónimos ou das relacións que estableceron. No fondo está o proceso de redacción dun novo Estatuto galego.
Este é o prisma a través do que ollan todos o ocorrido o 1 de novembro, festa ancestral na Galiza desde os tempos celtas, que agora nos queren vender como importación americana cando foi levada alá polos irlandeses.
O presidente galego Pérez Touriño (PSOE) non ten moito que dicir, despois do varapau que recibiu o seu partido, aínda que Touriño sempre afirmou que o seu referente era Maragall. Referiuse, polo tanto, á consolidación da “pluralidade na sociedade catalá”, felicitándose por que os agoiros que algúns predicaban (PP) logo da aprobación do Estatut non se cumpriran para nada. Máis contentos están no BNG polos resultados, tanto na dirección como nas bases. Hai que ter en conta que o BNG está na coalición Galeuskat, xunto con CiU, pero que nas bases aínda existe unha certa querenza por ERC, á que ben máis radical e homologábel ás ideas do BNG, reprudicindo o debate de cal é a principal contradición política: nacionalismo-españolismo ou dereita-esquerda. Tradicionalmente para o nacionalismo galego, aínda que sexa moito máis de esquerdas que ERC é a primeira.
Así as cousas é lóxica a felicitación do voceiro do BNG a CiU e Artur Mas polos resultados. Anxo Quintana nin quixo ir máis alá a respecto de que goberno lle gustaría. Pero estamos seguros que para os nacionalistas galegos a mellor fórmula sería un goberno de CiU con ERC. Unha CiU pactando de novo co goberno estatal podería empatanar outravolta (como cando estaba o PP) o Galeguskat e retrasar o camiño cara o Estado plurinacional.
Así que o vicepresidente da Xunta limitouse a dicir que Catalunya se “reafirmou como unha nación, que non lle gusta que as decisión se tomen en Madrid”. Tamén se referiu á maioría absoluta acadada polas forzas nacionalistas e ao retroceso das forzas estatais.
Finalmente trouxo a auga ao muíño galego: “os partidos estatais deben tomar nota na Galiza, sobre todo o PP, forza sen ningún papel político en Catalunya por opoñerse a vontade dos seus cidadáns na consecución dun Estatut de nación”.
Pero o líder do PP na Galiza, Alberte Núñez Feixó, olla as cousas doutro xeito, seguindo, como non podía ser menos, a análises de Madrid: “O grande derrotado foi o PSOE e Zapatero que non só perderon 141 votos senón que son os causantes da escasa participación. Todo por teimar nun clima de crispación e descualificacións e apostar por un Estatut lonxe dos desexos cidadáns, que non queren que lles traia problemas.
Catalunya non debe ser un exemplo a imitar por Galiza”. Dixo todo isto e quedou tan tranquilo, agardando pola entrevista do 15 próximo con Pérez Touriño para pactar o Estatuto. Os galegos non semellan estalo tanto.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat