Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 3 de de maig del 2007 | 18:05
Crònica · Galiza

O 1 de Maio reflicte os desencontros entre os distintos sindicatos


Día do Internacionalismo Proletario pola CIG, CUT, GNT e CNT e Día da Clase Obreira por CC.OO e UGT son as denominacións coas que as distintas centrais sindicais denominaron o 1 de Maio en Galiza. O nome co que se coñece a data reivindicativa supón o comezo dunha longa listaxe de discrepancias que trascenden o anecdótico. O 1 de Maio, a pesar de que moitos estean interesados en presentalo como unha data de celebración festiva, é unha data reivindicativa. No 1 de Maio bótanse á rúa milleiros de traballadores para amosar unhas reivindicacións que aínda existen, a pesar de que os medios de comunicación as oculten trala información da imperante macroeconomía. Malia que este ano foi un dos máis conflitivos laboralmente, a dinámica non se reflectiu na participación, agás no caso de Vigo.

Gran parte do tecido mediático do país salientou a división entre sindicatos nos seus titulares principais como se fose un feito inédito. A loita sindical en Galiza vén caracterizada nos últimos anos pola tendencia a pactar acordos de CC.OO e UGT, ao contrario que a CIG e outros sindicatos nacionalistas como ELA e LAB. A dinámica sindical varía en función do partido que goberne no momento, de aí a disposición á concertación dos sindicatos maioritarios no Estado español. Pola contra, a estratexia sindical da CIG e a súa independencia non se viron ristrinxidas polo feito de que o BNG goberne co PSOE na Xunta.

Principais diferenzas

A acción sindical, o diálogo social, o pacto cos gobernos, as políticas de emprego, as pensións e a negociación colectiva deixaron ver ao longo do ano as grandes disconformidades que se dan entre as centrais. Á suma destes trazos habería que engadirlle as eleccións sindicais que se están a celebrar nestes meses. Uns comicios nos que a CIG pode superar en delegados a CC.OO.

As consignas das manifestacións que se celebraron o 1 de Maio permiten advertir a liña que segue cada un dos sindicatos. A perspectiva nacional eríxese como o elemento que máis incide na separación das centrais sindicais na Galiza. Mentres a CIG reclama a “autodeterminación” e a “soberanía política e a liberación social”, CC.OO. e UGT demandan “un goberno europeo e unha constitución”. Ao contrario que acontece nas centrais estatais, a CIG censura a UE “como medio de expresión do liberalismo económico e dos monopolios”. Nas consignas que se repetiron durante as manifestacións, o sindicato nacionalista referiuse ao Mercado Común Europeo como “a ruína do pobo galego”.

Posturas fronte aos acordos

 Durante este ano, os pactos foron os principais protagonistas da acción sindical das centrais do Estado español. A CIG denuncia en repetidas ocasións que a relegan a nivel estatal a pesar de ter acadado a categoría de representativa. O sindicao nacionalista xa fora illado da Confederación Internacional de Sindicatos, creada a finais do pasado ano. Pola súa banda, CC.OO e UGT critícanlle á CIG que se negue a asinar pactos, tanto a nivel galego como a nivel estatal, que supoñen “un claro avance para os traballadores”. Dende CC.OO. e UGT acúsaselle á CIG de apostar “pola confrontación cos empresarios e co Goberno”.

 Precisamente, son eses os pactos que a CIG censura, “só procuran a foto e converten os acordos en palla”. A principal crítica da CIG estivo centrada na política de pensións. Xesús Seixo, secretario xeral do sindicato, considera que están intimidando os traballadores mediante o anuncio dunha suposta creba do sistema cara ao 2020, mentres

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat